O pasado venres 26 de maio algunhas das nosas alumnas participaron nunha charla-coloquio con Francisco Castro organizada pola Librería Brétema e o café DZINE. Hoxe querémosvos presentar a crónica daquela xornada escrita por Nerea:
Con
ese título daba comezo a unha amena charla Francisco Castro na que
os minutos parecían esvaecerse. Cunha introdución na que falaba
sobre a perda do galego, o cal volve a figurar na lista das linguas
en perigo de extinción. Tamén comentou o pouco uso que se lles dá e a incapacidade
dos autores galegos que escriben na súa lingua nativa para vivir
disto. Alentando ao uso da nosa lingua o recente director da editorial
Galaxia
dicía: “Se perdemos a nosa lingua, perdémolo todo”. O outro
tema do que falou principalmente foi a literatura e o significado
desta para si. Da conexión que esta ten co mundo interior e
fantástico de cada un.
Tamén
falou sobre algún dos seus libros como Tes
ata as dez, Amor é unha
palabra coma outra calquera
ou Chamádeme
Simbad. Deles
estivo explicando como chegara a conseguir aqueles argumentos e o que
significaban para el. Finalmente abriuse unha ronda de preguntas nas
que se falou da inspiración e do compaxinamento do seu novo posto na
editorial, na que leva dez anos traballando, coa súa vida de autor.
Nerea, 4º ESO
Paula e Francisco Castro no acto |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.