O pasado martes 30 de outubro volvemos de novo a pasalo de medo co medo lendo anacos de Frankenstein de Mary Shelley, de Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo e d'Os contos de terror do Tío Montague de Chris Priestley no recreo.
Esta foi só unha das numerosos actividades do noso centro para esta data, xa que tamén houbo merendas terroríficas, murais, lectura de contos de medo elaborados polo alumnado de 1º de ESO en Oratoria, adiviñas de medo propostas por alumnado de 6º de EP ao de EI e... Moitas, moitas, moitas e terroríficas cabazas! Atoparás máis información e fotografías na web do centro .
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.