O Alto Comisariado para a Axenda 2030 vén de lanzar a Campaña #ODSéate que se desenvolverá do 16 ao 27 de setembro para celebrar o cuarto aniversario da adhesión de España á Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.
Tal e como nos lembran na web das Bibliotecas Escolares de Galicia tamén estas compren un importante papel na Axenda 2030:
Desde o ámbito bibliotecario
recoñécese a importancia dos Obxectivos da Axenda 2030. Tamén as
bibliotecas escolares están comprometidas coa Axenda 2030, xa que
traballan a prol dunha Educación de Calidade (Obxectivo 4), mais tamén
para protexer y salvagardar o patrimonio cultural (Obxectivo 11.4).
Ademais, a biblioteca, como espazo de compensación de desigualdades,
proporciona un acceso igualitario á tecnoloxía da información e das
comunicacións (Obxectivos 9c e 17.8)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.