O pasado venres conmemoramos o Día da Muller con actividades moi diversas: moitos carteis e tamén poemas sobre mulleres elaborados polo alumnado de 2º de ESO.
Tarxetas sobre científicas:
Un xogo de programación con Scratch elaborado polo alumnado de 4º de ESO en Tecnoloxía sobre imaxes e explicacións dos estereotipos nos contos tradicionais traballadas nas clases de Lingua Galega e Literatura.
E como colofón un recital de poemas de diferentes escritoras e pezas musicais levado a cabo polo alumnado de ESO para todo o centro. Esta actividade foi coordinada polo equipo de biblioteca en colaboración cos departamentos de Música, Lingua Castelá e Lingua Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.