Centro

viernes, 16 de marzo de 2018

Stephen Hawking in memoriam

Hawking aproveitaba cada minuto coma se fose un regalo.
Jorge Mira


O pasado día 14 recibimos a nova do pasamento do físico, astrofísico cosmólogo e divulgador científico Stephen Hawking. Jorge Mira lémbranos a súa importancia coma científico e divulgador nunha entrevista en GCiencia:

A verdade é que era o científico máis famoso da actualidade; e despois de Einstein, ninguén tivo o eco popular que chegou a ter Hawking. (...)

E por outra banda, Breve historia do tempo supón un antes e un despois na divulgación científica. Estivo catro anos entre os libros máis vendidos do mundo, e estímase que chegou a vender unha copia por cada 750 persoas que hai no mundo; foron unhas cifras que supuxeron un salto a nivel mundial.
Jorge Mira

Mira, catedrático de Electromagnetismo na USC, lembra tamén nesta mesma entrevista a gran calidade humana de Hawking:

E iso facía que aproveitara cada minuto coma se fose un regalo. Para a xente que estaba enferma, ou nunha situación mala, ver a Hawking era un xute de ganas de vivir. Porque el sabía o que era ter problemas de verdade desde moi novo. E iso tamén lle facía ter unha gran calidade humana. Ás veces era difícil que cadrase a axenda para atender a importantes autoridades, pero se acudía a velo unha persoa con problemas, el sempre atopaba un oco. 
Jorge Mira 

E as súas visitas a Galicia:

Percorreu Santiago, estivo en Noia, pola Costa da Morte, no cabo Fisterra… Todo o mundo que veu con el quedou cunha boa impresión, e conectamos tamén con eles a nivel humano.

Para saber máis:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.