A historia da infeliz raíña Juana I de Castela, alcumada a Tola, serviu de inspiración a escritores, directores de cine e músicos (no ano 2005 estreouse unha opera baseada nela). A súa tráxica vida aínda é discutida hoxe por historiadores e psiquiatras como podemos ler neste enlace.
A serie documental de TVE Mujeres en la historia dedicoulle un capítulo á Juana que podes ver premendo aquí.
Por outra banda, se che interesa coñecer o papel das mulleres na historia recomendámosche o blogue Mujeres en la historia onde atoparás unha interesante selección de libros sobre o tema. Así mesmo tamén che pode interesar o capítulo a "Historia de ser mulleres" da serie Historias de Galicia ou Historia das mulleres galegas de Pepe Carreiro.
Aproveitamos tamén para lembrarvos as seleccións de libros (unha delas acompañada de guías de lectura) realizadas polo noso Departamento de Xeografía e Historia para os distintos cursos de ESO que podedes atopar neste enlace e nestoutro.

E, xa sabes: agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.