Centro

jueves, 4 de octubre de 2018

Outono con poesía

Retrato de Gustavo Adolfo realizado polo seu irmán Valeriano

Que é poesía? Hoxe escollemos a famosa Rima XXI de Gustavo Adolfo Bécquer para buscar unha resposta:

¿Qué es poesía?, dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul.
¿Que es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?
Poesía… eres tú.
Gustavo Adolfo Bécquer


miércoles, 3 de octubre de 2018

Juan Kruz Igerabide, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2018

O escritor guipuzcoano Juan Kruz Igerabide vén de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2018 polo seu libro Abezedario titirijario. A obra, escrita inicialmente en euskera, vén de ser traducida ao castelán, galego e catalán.
Parabéns!

martes, 2 de octubre de 2018

Libros que van chegando: Soneto no alfabeto

Soneto no alfabeto é o novo poemario de Xoán Carlos Domínguez Alberte: unha homenaxe as 22 letras do alfabeto galego.


Pon e supón que o poema é un pan
que preparas con palabras puídas
que acaparas en patrias nacidas
do pensamento en semente artesán.
X.C. Domínguez Alberte, Soneto no alfabeto

lunes, 1 de octubre de 2018

Un poema de Ana Romaní


Hoxe deixámosvos un dos máis coñecidos poemas de Ana Romaní quen, como lembrabamos o pasado xoves vén de recibir o Premio Nacional de Xornalismo Cultural.


"Belas irmás, subide
ás mais firmes rochas"
EDITH SÖDERGRAN

Camiñan descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.
Ana Romaní: Das últimas mareas

jueves, 27 de septiembre de 2018

lunes, 24 de septiembre de 2018

Benvidas e benvidos

Un setembro máis dámosvos a benvida ao curso e a este blogue. Comezamos con azos un outono que agardemos cheo de actividades e libros que vos gusten.


Deixámosvos un cartel da CDU moi especial que, seguramente, algunhas e algúns xa coñecedes se visitastes a nosa biblioteca a pasada semana.

Benvidas e benvidos a onde o mundo se chama biblioteca!