Mimosas é a última película do director e actor galego nacido en Paris Oliver Laxe Por certo, a película foi galardoada co premio da Semana da Crítica no festival de Cannes.
viernes, 20 de enero de 2017
Mimosas de Óliver Laxe
Mimosas é a última película do director e actor galego nacido en Paris Oliver Laxe Por certo, a película foi galardoada co premio da Semana da Crítica no festival de Cannes.
jueves, 19 de enero de 2017
Os mellores libros do 2016 en galego
A revista de literatura galega Fervenzas literarias vén de dar a coñecer os libros que os seus lectores e lectoras consideran os mellores de 2016.
miércoles, 18 de enero de 2017
E na biblioteca... arte V. Renoir: intimidad
Pont-Neuf, (1872), National Gallery of Art, Washington
O Museo Thyssen-Bornesmiza acolle dende o 18 de outubro unha exposición sobre o pintor impresionista Pierre-Auguste Renoir que recorre as diversas etapas da súa obra pictórica a través de máis 70 cadros procedentes de diversos museos e coleccións do mundo.
martes, 17 de enero de 2017
Marilar Aleixandre ingresa na RAG
Teño saudades de todas as cidades e vilas nas que vivín: Ceuta (o limoeiro de lúa que tiñamos no patio); Doña Mencía (ir comer figos ó romper a alba con meu pai); Madrid (o cineclube de Areneros, onde vin por vez primeira "Freaks"); Vigo (as mimosas en flor en decembro); Santiago de Compostela se algún día marchase, e ata outras cidades nas que nunca ou só brevemente vivín: Donostia, Perugia, Boston.
Marilar Aleixandre
Marilar Aleixandre ingresou na Real Academia da Lingua o pasado 14 de xaneiro de 2017. Marilar, escritora e bióloga, naceu en Madrid en 1947 e é autora dunha ampla obra en lingua galega na que a LIX ten un lugar destacado.
Para saber máis:
- A escritora Marilar Aleixandre ingresa na Real Academia Galega no blogue Rede Lectura.
- Web de Marilar Aleixandre.
- Marilar Aleixandre na web da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Marilar Aleixandre na Biblioteca Virtual Galega.
- Discurso de ingreso na RAG: Voces termando da paisaxe galega.
lunes, 16 de enero de 2017
Care Santos
Care Santos vén de gañar a 73ª edición do Premio Nadal coa novela Media vida. A escritora de Mataró, que ten unha ampla obra publicada, é unha popular autora de narrativa infantil e xuvenil.
viernes, 13 de enero de 2017
A illa do tesouro
Terras Altas de Escocia, verán de 1881... A familia de Robert Louis Stevenson entrentense naquel húmido verán escribindo unha historia colectiva, pasando o manuscrito duns a outros... Lloyd Osbourne, fillastro do escritor escocés de 12 anos decide debuxar un barco afundido cerca dunha illa... Entón xorde o xermolo do que se convertirá nunha das máis populares novelas nunca escritas. Deixemos que nolo conte Lloyd:
..con mi nueva caja de acuarelas intenté hacer un mapa de la isla que
había dibujado. Stevenson entró cuando yo lo terminaba y mostrando ese
amable interés por todo que yo hacía, se apoyó sobre mi hombro, y pronto
se puso a construir el mapa y darle un nombre. ¡Nunca olvidaré la
emoción al ver la Isla del Esqueleto, la Colina del Catalejo, ni la
emoción que sentó en mi corazón con las tres Cruces Rojas! ¡Pero la
emoción fue aún mayor cuando escribió las palabras "La isla del tesoro"
en la esquina superior derecha! No tardó en demostrar grandes
conocimientos sobre la isla y sus habitantes —los piratas, el
tesoro enterrado, o el hombre que había sido abandonado en la isla. "Oh,
es como para hacer una historia sobre ello", exclamó. "Sí, que cuente
quién enterró el tesoro, o por qué se llama la Isla del Esqueleto",
respondí en un paraíso de encanto...
Si, así foi coma naceu A illa do tesouro... A novela dos piratas. Porque si, xa o sabemos, novelas de piratas hai moitas... Pero coma esta moi poucas, por non dicir ningunha... E que será iso tan especial que ten? A ver: un mapa do tesouro, un cofre, piratas cun loro no ombreiro... E por riba de todo personaxes redondos, ese concepto que ás veces nos costa entender e que poderiamos exemplificar con John Long Silver.
Así que xa sabes, somérxete nas súas páxinas e acompaña a Jim na Hispaniola, o barco que o leva a el e ao resto da tripulación a unha illa na que se esconde un tesouro. Creme, non te has de arrepentir se acompañas a Jim na súa busca e, quizais, tamén na de si mesmo... Porque esta non deixa de ser unha
Bilndungsroman, ou sexa unha novela de autoformación ou autoaprendizaxe.
I remember him as if it were yesterday, as he came plodding to the inn door, his sea-chest following behind him in a hand-barrow; a tall, strong, heavy, nut-brown man; his tarry pigtail falling over the shoulders of his soiled blue coat; his hands ragged and scarred, with black, broken nails; and the sabre cut across one cheek, a dirty, livid white. I remember him looking round the cove and whistling to himself as he did so, and then breaking out in that old sea-song that he sang so often afterwards:—
"Fifteen men on the dead man's chest—
Yo-ho-ho, and a bottle of rum!"
Yo-ho-ho, and a bottle of rum!"
Robert Louis Stevenson, Treasure Island
jueves, 12 de enero de 2017
Calendario do libro e da lectura 2017
A Secretaría Xeral de Cultura Xeral de Cultura vén de dar a coñecer o Calendario do Libro e da Lectura 2017. Este ano, segundo lemos en Hora de ler, Tania Solla foi a encargada de ilustralo cunha toupiña lectora.
E non queremos rematar sen facer referencia a unha interesante nova: as bibliotecas galegas de xestión autonómica superan os 214.000 usuarios/as.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










