Centro

martes, 28 de enero de 2014

Lembrando a Pete Seeger

O cantante, investigador e compositor folk estadounidense Pete Seeger faleceu onte aos 94 anos. Pete, a quen Bruce Springsteen definiu como  "un arquivo vivo da música americana e da súa conciencia, un testamento do poder da canción e a cultura" durante o concerto celebrado no Madison Square Garden para homenaxealo polo seu 90 aniversario, levaba gravado no seu famoso banjo de cinco cordas unha lenda na que se podía ler "este instrumento atrapa o odio e obrígao a dobregarse". Toda unha declaración de principios sobre o poder da música dun home que até a súa morte non deixou de ser un convencido optimista, tal e como nos lembraban hoxe nunha interesante reportaxe no New York Times: "Through the years, Mr. Seeger remained determinedly optimistic. “The key to the future of the world,” he said in 1994, “is finding the optimistic stories and letting them be known.”"
Nós queremos homenaxealo lembrando unha das súas máis famosas cancións, "Where have all the flowers gone?", que aquí canta acompañado polo seu neto Tao Rodríguez Seeger.
Até sempre, Pete! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.