As bibliotecas escolares galegas organizan numerosas actividades para esta data que poderás atopar aquí. Así mesmo, como en anos pasados, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un marcapáxinas para lembrar esta día cun texto inédito dunha autora ou un autor cedido para as Bibliotecas Escolares de Galicia. Este ano o texto é obra de Paco Martín, o autor de Das cousas de Ramón Lamote.
E como nos gustan as palabras de Paco Martín: "A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta venturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser... O libro!"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.