O outro día escribimos sobre unha versión de Pedro y el lobo moi especial e hoxe vimos de lembrar que o noso admirado Miguelanxo Prado realizou unha adaptación do popular conto musicado por Prokofiev. O álbum foi publicado, orixinariamente en galego, narrado por Miguel Anxo Murado e con música da Xove Orquestra de Galicia dirixida por Joám Trillo.
Porén, hoxe queremos centrármonos noutra das facetas do coñecido autor de banda deseñada, na de ilustrador. As obras que ilustrou son numerosas e entre elas figuran algunhas de Agustín Fernández Paz: As flores radioactivas, Cos pés no aire, No corazón do bosque e Fantasmas de luz.
Tamén as aventuras de Said e Sheila, os populares protagonistas das novelas de Ramón Caride Perigo vexetal, Ameaza na Antártida e O futuro roubado foron debuxadas por el.
Sen esquecer os Contos de Nadal de Manuel Rivas ou o libro de relatos Historias para calquera lugar.
E tamén o relato El cuento de la sirena do inesquecible Gonzalo Torrente Ballester.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.