Vén de chegar á nosa biblioteca o libro Lendo lendas, digo versos. Unha singular achega ao mundo lendario galego no que Antonio Reigosa recuperou as lendas, Antonio García Teijeiro escribiu o poema que acompaña cada unha delas e Xosé Cobas realizou as ilustracións.
Así se presenta o ilustrador no libro:
Nacín a medio camiño entre o mar e Compostela, en 1953, en Logrosa-Negreira. Alí, no rural. A miña infancia discorreu entre camiños de terra mol, veneradas carballeiras e o agasallo inesquecible de primaveras e outonos. Daquela xa tiña unha especial querenza polos lapis (tamén os de cores) e obsesión por debuxar e inventar cousas. Nesta etapa da miña vida foi onde se asentaron os cimentos do meu imaxinario. (...)
E venero, igual que as carballeiras, a música de Leonard Cohen. Vivo preto da cidade, entre carballos que me achegan a memoria do tempo en que o meu imaxinario comezou a fornecerse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.