“Os países que non teñen ciencia son pobres, viven unha vida moral e material mediocre.
Ignacio Ribas Marqués
O químico Ignacio Ribas Marqués (Palma de Mallorca, 1901- Santiago de Compostela, 1996) será homenaxeado este ano no Día da Ciencia en Galicia, conmemoración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias. Ribas Marqués, catedrático de Química orgánica e Bioquímica na Universidade de Santiago de Compostela dende 1942, centrou as súas investigacións en Galicia na síntese de produtos naturais presentes
en especies vexetais autóctonas como a xesta ou o sobreiro. Bautizou algunhas das subtancias que descubriu nas súas investigacións cos nomes
de cidades galegas: orensina, coruñesina, santiaguina e pontevendrina.
- Mato Domínguez, Alfonso ([2014], “Ignacio Ribas Marqués”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega.
- "O Día da Ciencia en Galicia homenaxea ao químico Ignacio Ribas" en GCiencia.
- "Día da ciencia en Galicia 2016. Ignacio Ribas" en Real Academia Galega de Ciencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.