Si
te quiero es por que sos
mi
amor, mi cómplice y todo.
Y en
la calle codo a codo
somos
mucho más que dos.
Mario Benedetti
Sabemos que algunhas das usuarias da nosa biblioteca son moi afeccionadas á poesía de Mario Benedetti, por iso queremos empezar esta serie de entradas, nas que pretendemos dar unha volta ao mundo moi peculiar e literaria, lembrándoo.
Aínda que Mario naceu
en Paso de
los Toros, no departamento de Tacuarembó, á beira do Río
Negro, a súa vida estivo moi vencellada a Montevideo, cidade á que
seus pais o levaron a vivir con catro anos. Alí, asistiu ao Colexio Alemán, onde segundo afirmaba
escribía en verso as leccións. Así de temperá foi a súa vocación
poética.
Narrador (La
tregua), dramaturgo (Pedro y el capitán), ensaísta
(Subdesarrollo y letras de osadía) e... poeta. Poeta
comprometido, sinxelo e tenro, lúcido cantor do amor e a alegría
dende a sinxeleza e a coloquialidade... Afirmaba escribir non para os
que virían, senón “para el que está aquí, poco menos que
leyendo el texto sobre mi hombro”.
Despois da súa morte,
o escritor Eduardo
Galeano, tamén nado en Montevideo, afirmaba que non podía dicir
nada sobre a morte do seu amigo, co que compartía a paixón polo
fútbol, porque “el dolor se dice callando”. Seguramente Mario,
o fillo de Brenno Benedetti e Matilde Ferrugia, concordaría con esta
sinxela e honesta afirmación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.