Xohana Torres naceu en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1929 e faleceu en Vigo o 12 de setembro de 2017. Xohana (quen por certo está moi ligada a Ferrol onde pasou a súa infancia e mocidade) escribiu narrativa, teatro e poesía. Cultivou tamén a literatura infantil e xuvenil en galego con obras coma Polo mar van as sardiñas e Pericles e a balea.
Penélope
DECLARA o Oráculo:
"QUE a banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
QUE ramas de loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se decide o acio.
QUE acades disas patrias a vendima.
QUE amaine o vento, beberás o viño.
QUE sereas sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de xerfa polos cons".
Así falou Penélope:
"Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMEN NAVEGAR"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.