Centro

viernes, 5 de junio de 2015

Ópera-apaixonados V: Mozart

A precocidade musical de Wolfgang Amadeus é de todos coñecida, pero quizais non saibades a que idade compuxo a súa primeira ópera? Aos doce. Si como o estades lendo, a esta idade deu a coñecer Bastián e Bastiana que foi o título que elixiu para a súa primeira incursión no xénero operístico. Sería a primeira de vinte e dúas entre as que figuran Così fan tutte ou As vodas de Fígaro.

Quizais unha das arias máis coñecidas de Mozart sexa unha das dúas cantadas pola Raíña da Noite n' A frauta máxica, a derradeira ópera representada en vida de Mozart. É unha aria moi difícil que require ser cantada por unha soprano de coloratura.


Se queres saber máis sobre Mozart, a ópera  e a música cláisca aquí tes uns enlaces de moito interese:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.