Como sabedes algúns dos alumnos e das alumnas do noso centro están a realizar un proxecto operístico. Así que, queremos contribuír dalgunha maneira á súa tarefa, aínda que só sexa cun graniño de area. Por iso, iniciamos hoxe unha serie de entradas (que decidimos titular "Ópera-apaixonados" e que publicaremos os venres) nas que escribiremos sobre óperas e tamén sobre algún que outro musical.
Esta semana andamos a voltas co Quijote e, coma non podía ser doutra forma, temos que facer referencia ás versións musicais da obra de Don Miguel de Cervantes que son moitas. Xa no sećulo XVII Henry Purcell compuxo unha ópera titulada The Comical History of Don Quixote, e as versións musicais sobre a famosa obra fóronse sucedendo até hoxe. Unha das máis coñecidas é El retablo de Maese Pedro de Manuel de Falla, aínda que tampouco podemos esquecer Don Quijote, a ópera nun acto de Cristobal Halftter estreada en 2000.
Se queres saber máis sobre Don Quijote na ópera, preme aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.