Centro

jueves, 12 de marzo de 2015

Libros, libros, libros: Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros

Hai xa meses que, coma sabedes, temos un libro presentando cada andel na sala de secundaria, pero agora ocorréusenos ir presentando libros que van chegando, que xa estaban dende hai tempo... En fin, sacar os libros dos andeis para posibilitar que cheguen ás vosas mans. E coma o día 8 foi o Día Internacional da Muller esta semana dedicámonos, como xa vos contamos, a "presentar" libros escritos por mulleres ou sobre mulleres.
Hoxe traemos unha novidade na nosa biblioteca: Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros de Mª Xosé Queizán. A figura da escritora coruñesa é recreada nesta obra (recomendable de 10 anos en diante) que nos achega a súa vida e a súa obra, pero tamén ao contexto histórico no que lle tocou vivir. Por certo, se queredes coñecer os fondos que temos na biblioteca sobre a Pardo Bazán só tedes que premer aquí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.