Centro

lunes, 24 de marzo de 2014

Quincena da Poesía VI

Hoxe presentámosvos un poema do poeta rianxeiro Manuel Antonio, unha elexía a Roald Admunsen, o famoso explorador noruegués que dirixiu a primeira exploración que alcanzou o Polo Sur e desapareceu durante un voo de rescate.
ELEXÍA AO CAPITÁN ROALD AMUDSEN 
QUE SE PERDEU NO POLO NORTE
Oh captain! My captain
Walt Whitman
PAISAXE 
        Ninguén puido atopar entre a neve
eses beizos xeados
que se lle perderon ao silencio
       E as lonxedades
                             ceibes
      descinguiron a soedade
      No remuíño
da derradeira rafega de vento
         foise toda espranza
e o sol apagado
      Ningunha voz poderá destemerse
sen caer morta aos pés da neve
coma un paxaro novo
         Oh Capitán! Meu capitán!
MANUEL ANTONIO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.