Centro

jueves, 5 de marzo de 2015

Helena estivo con nós

Hoxe visitounos Helena Villar Janeiro para falarnos de dous libros: Remontar o río  e As señoras cousas. Despois da presentación de Anabel, a bibliotecaria do noso concello,  comezou a charla-coloquio con Helena. Emocionámonos coa súa vitalidade, cos seus poemas, coa súa dispoñibilidade para contestar a todas as preguntas... E coas súas lembranzas de "Cantareliña", cuxa primeira edición tivo lugar en 1983 e que, tal e como nos lembraba María Yáñez no número 1 da revista Luzes foi un "fito da cultura galega que abriu un camiño moi importante para a normalizacion lingüística, mesmo antes de que a TVG nacese ou a lingua galega entrase na EXB". Tamén, por certo, en Fálame de San Sadurniño Ramón Díaz Raña lembra o seu nacemento: "Cantos sentimentos burbullan o soar esta palabriña!... Foron moitas as ilusións que algúns puxemos nesta empresa. No ano 1982 o grupo Saraibas decidímosnos organizar o que xa había tempo lle viñamos dando voltas."
En fin, grazas a Helena por vir e falarnos dos seus dous últimos poemarios e grazas por facernos lembrar "Cantareliña". 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.