Vimos de coñecer a triste nova da morte do escritor sueco Henning Mankell. Mankell, moi coñecido polas súas novelas policíacas protagonizadas polo inspector Kurt Wallander, foi un prestixioso dramaturgo que fundou o Teatro Avenida en Maputo. Seguramente algúns dos nosos alumnos e alumnas de secundaria tamén o coñecerán pola triloxía de novelas protagonizada pola mociña africana Sofía: El secreto del fuego, La ira del fuego e Jugar con fuego.
Hai uns anos publicamos unha entrada sobre el no primeiro blogue do noso club de lectura que podedes atopar premendo aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.