Darío Xohán Cabana publicou hai dous anos unha nova tradución do Cancioneiro de Petrarca en Edicións da Curuxa, posto que, segundo afirmou nunha entrevista concedida ao xornal La Voz de Galicia, a primeira tradución, que a nós nos parece excelente, non o compracía de todo:
É que a primeira tradución que fixen, a de finais dos
anos oitenta, e que por certo non deixou de ter éxito entre a crítica,
cando a volvín ler... xa non me gustaba. Non era digna de Petrarca nin
da lingua galega. Quizais era mellor que outras traducións que había,
pero vin que lle faltaba unha cocedura. E en vez de corrixila, que é
cousa de moito traballo [sorrí Darío Xohán], o que fixen foi traducir de
novo, que é cousa de moito máis traballo aínda, pero máis divertida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.