Este ano Jorge Mira foi o encargado de elaborar o manifesto de "Novembro, mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas". Recollemos dous parágrafos do amentando manifesto que podedes atopar completo aquí:
Cando un neno pequeno descobre algo que lle encanta, enseguida corre
a dicirlles aos seus pais: “Mirade isto!”. Ese mesmo instinto é o que lanza
a moitos científicos a divulgaren o seu coñecemento, a intentar que os
que os rodean vexan o mesmo que eles ven. Ocorre, porén, que ás veces
transmitir ese coñecemento non é trivial. Cómpre, polo tanto, un esforzo
de axeitada tradución da ciencia para poderllo contar á maior cantidade
de persoas.
Nese proceso, a lingua, como soporte das ideas, xogará un papel
fundamental. O galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de
historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de
persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente
a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia.
Dende este blogue só nos queda darlle as grazas a Jorge Mira e felicitalo polo seu labor de divulgación científico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.