A oceanógrafa ferrolá Ángeles Alvariño foi a científica homenaxeada no pasado Día da Ciencia en Galicia. A prestixiosa oceonógrafa naceu en Serantes (Ferrol) en 1916 e finou en La Jolla (California) en 2005.
En 1956 comezou a investigar no Instituto Oceanográfico Woods Hole en Massachusetts, posteriomente incorporouse ao Instituto Scripps de Oceanografía e ao Servizo Nacional de Pesca Marítima dos EEUU.
Publicou un centenar de
traballos en revistas de prestixio e descubriu 22 novas especies de
zooplancto, dúas das cales levan o seu nome. O 24 de febreiro de 2012 o Instituto Español de Oceonografía botou en Vigo un buque que leva o seu nome.
Para saber máis:
- "Ángeles Alvariño, unha ferrolá pioneira da Oceonografía" en GCiencia.
- Díptico sobre Ángeles Alvariño do Día da Ciencia en Galicia.
- Ángeles Alvariño na web da Secretaría Xeral de Emigración.
- Ángeles Alvariño na web do Consello da Cultura Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.