Roald Admunsen desapareceu o 18 de xuño de 1928 mentres voaba en avión nunha operación de rescate do enxeñeiro e explorador italiano Umberto Nobile. O poeta rianxeiro Manuel Antonio dedicoulle unha sentida elexía que comeza cuns coñecidos versos do norteamericano Walt Whitman.
Elexía
ao capitán Roald Admunsen
que
se perdeu no Polo Norte
Oh
captain! My captain!
Walt Whitman
PAISAXE
Ninguén
pudo atopar entre a neve
eses
beizos xeados
que
se lle perderon ao silencio
E
as lonxedades
ceibes
descinguiron a soedade
No
remuíño
da
derradeira rafega de vento
foise toda espranza
e
o sol apagado
Ningunha voz poderá
destemerse
sin
caer morta aos pés da neve
coma
un paxaro novo
Oh
capitán! Meu capitán!
Manuel Antonio
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.