Atopamos en Canal lector unha interesante selección de libros titulada "Cuidamos la tierra". A esta coidada mostra poderiamos engadir algúns libros máis en galego como: O carballo de Carlos Silvar que nos lembra que todos os habitantes da natureza formamos un equipo, Guía de ecoloxía cotiá de Ramsés Pérez Rodríguez, Horta ecolóxica na Galiza de Xan Pouliquén, A cuestión ambiental en Galicia de Francisco Díaz-Fierros Viqueira, etc.. Por certo, o autor do último libro, o catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC Francisco Díaz-Fierros, pronunciou un discurso titulado "Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: O aproveitamento do solo" durante o acto da súa entrada na RAG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.