Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, presidente da Marcha
Global contra o Traballo Infantil, son os
gañadores do Premio Nobel da Paz deste ano. Tal e coma podemos ler nesta nova da TVG o comité noruegués recoñece o labor de ambos a prol da educación e en contra da opresión infantil.
Na nosa biblioteca podes atopar Yo soy Malala, libro escrito por ela mesma e que incluimos nas nosas recomendacións para a ESO o pasado Nadal, na guía de suxestións de lectura titulada "Literatura, cine e educación".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.