Irmaus
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.
Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra
CelsoEmilio Ferreiro naceu en Celanova en 1912 e faleceu en Vigo en 1979.
Está considerado un dos máximos expoñentes da poesía social
galega.
Se queres coñecer as obras do celanovés que temos na biblioteca preme aquí ou nestoutro enlace. E neste enlace poderás lembrar a participación na lectura colectiva do poema "Deitado fronte ao mar" do noso alumnado de Educación Primaria co gallo do centenario do seu nacemento.
Se queres coñecer as obras do celanovés que temos na biblioteca preme aquí ou nestoutro enlace. E neste enlace poderás lembrar a participación na lectura colectiva do poema "Deitado fronte ao mar" do noso alumnado de Educación Primaria co gallo do centenario do seu nacemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.