Ao igual que o curso pasado, ao longo desta semana e da vindeira iremos incluíndo no blogue poemas, cuxo tema principal é o amor, para animarvos coa vosa actividade creativa. Empezamos cun poema do celanovés Celso Emilio Ferreiro titulado "Eu en ti" que peublicou no libro O soño sulagado.
Se queres saber cales son os poemarios do escritor de Celanova que temos na biblioteca só tes que premer aquí.
Eu en ti
Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.
Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.
Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.
Celso Emilio Ferreiro
No blogue Son de poetas podedes escoitar varias versións musicais del.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.