Achégase o 23 de abril e nas bibliotecas escolares galegas van xurdindo un montón de propostas que podedes atopar premendo aquí. Así mesmo, dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia ponse á nosa disposición un marcapáxinas en formato de dítptico cun fermoso texto de María Solar (autora de As meigas de Lupa e O meu pesadelo favorito). Escribe María Solar: " Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar".
Xa sabes, agardámoste onde o mundo se chama biblioteca e non esquezas que hoxe comezamos a nosa lectura de Don Quijote na sala de secundaria para conmemorar este día tan especial e os catrocentos anos da segunda parte da obra cervantina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.