Centro

lunes, 20 de abril de 2015

Feliz IV Centenario Don Quijote V: Don Quijote e os debuxos animados

E coma non podía ser doutra maneira, Don Quijote tivo tamén versións animadas. En 1934 rodouse en USA unha película de debuxos animados en color e uns cantos anos máis tarde, en 1980, Palomo Cruz Delgado dirixe unha serie de 39 capítulos para TVE que populariza as aventuras de Don Quijote e Sancho entre os e as máis noviñas.


En 2007 estreouse Donkey Xote, unha película de animación en 3D, cuxo guión está baseado na segunda parte da obra de Cervantes. Por certo, foi a primeira película de animación española que tivo un videoxogo.

 
A última versión animada da obra titúlase Las aventuras de Don Quijote e trata sobre un rato que vive na casa de Cervantes e todas as noites lles le as historias que este escribe aos seus fillos, aínda que un pouco cambiadas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.