Velaquí o meu segundo volume de versos para nenos galegos. Tiña que ser.
Este servidor, con case medio século ás costas que me florea nas
barbas, sentiuse na obriga e sobre de todo na necesidade de escribir de
novo para os nenos. Para todos os nenos galegos, e dun xeito particular
para os nenos da cidade, un tanto esquecidos no outro meu libro para
rapaces, Os soños na gaiola.
Manuel María
Eliximos para hoxe o poema "O semáforo":
O semáforo
é un couso,
medio garda,
medio guía,
medio monstro,
medio espía.
O semáforo
é un ollo
matemático
inflexibel,
inhumano,
case terríbel.
O semáforo
é unha flor
ateigada
de ledicia,
traspasada
de color.
Os sinais
do semáforo:
verde-chumbo
e vermellón
ditan leis
ao peatón,
ao turismo
e ao camión.
O semáforo
é unha luz,
unha acesa
claridade
que ilumina
docemente
a tristura
da cidade!
Manuel María, As rúas do vento ceibe
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.