Hoxe o doodle de Google lémbranos a Ángela Ruiz Robles, a quen xa temos recordado neste blogue. Naceu en Villamanín (León) un 28 de marzo de 1895 e faleceu en Ferrol, cidade na que morou gran parte da súa vida, o 27 de outubro de 1975. En 1949 patentou a Enciclopedia Mecánica, considerada precursora do libro electrónico, que hoxe se pode ver na sede do MUNCYT na Coruña.
Para saber máis:
- "Ángela Ruíz Robles, la enciclopedia mecánica". Programa Con ciencia en RTVE: 12 de novembro de 2013.
- "Google homenaxea á precursora do libro electrónico". Programa A Revista na TVG: 28 de marzo de 2016.
- "Ángela Ruíz Robles. Mestra exemplar, escritora e inventora no eido da didáctica" en Álbum de Mulleres (Consello da Cultura Galega).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.