Centro

viernes, 4 de marzo de 2016

Marzo de poesía I: Manuel María


O 21 de marzo conmemoramos o Día da Poesía e nós queremos celebralo ao longo deste mes con poemas. Comezamos cun do poeta ao que homenaxearemos este ano no Día das Letras Galegas: Manuel María.

O meu barco
Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil rios
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar...!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andiven tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sin salir do meu fogar!
Manuel María: Os soños na gaiola

Eliximos para ilustrar este poema o cadro Dende o balcón do pintor coruñés Urbano Lugrís.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.