Luís Amado Carballo é un poeta ao que recorremos habitualmente neste blogue. Hoxe eliximos un poema seu incluído na antoloxía Os nosos versos, ilustrada por Fino Lorenzo, de Antonio García Teijeiro.
LÚA
A lúa é velliña,
de brancos cabelos,
de enrugas de ouro
e de olliños cegos.
Érguese de leito
das foulas do mar
palpando os espazos
para camiñar.
Anda polo mundo
sen ver onde vai
pois as estreliñas
lévana da man.
Envolveita en néboas
hase de abrigar
pois como vai vella
tense de coidar.
Cando na outa noite
brúa o temporal
a lúa antre as tebras
tápase a tremar.
E así que o mal tempo
amainado vai
asoma a faciana
i espalla o luar.
L. Amado Carballo, O galo
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.