Hai trinta anos falecía en París o escritor arxentino Julio Cortázar. Cortázar, un dos máis grandes escritores latinoamericanos do século XX, tería cumprido 100 anos o vindeiro 26 de agosto, polo que este ano tamén se conmemora o centenario do seu nacemento.
Hai xa uns anos dedicámoslle na sección da biblioteca da nosa antiga web unha pequena entrada que podes atopar aquí. Se queres coñecer as "Instrucciones para subir una escalera", só tes que premer neste enlace. Se despois de lelas che quedaron ganas de saber como viaxan os Cronopios, os Famas e as Esperanzas, preme nestoutro e escoitaralo na voz do propio Cortázar.
Créditos da foto:
http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Cortazar2.jpg
Créditos da foto:
http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Cortazar2.jpg
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.