Centro

miércoles, 12 de febrero de 2014

Tendal da Poesía II: "No niño novo do vento" de Cunqueiro

O noso poema de hoxe, "No niño novo do vento", pertence ao poemario Cantiga nova que se chama riveira do escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro. O poema, musicado por Luís Emilio Batallán nos anos 70, forma parte da banda sonora da película Pradolongo

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Álvaro Cunqueiro

No blogue "Son de poetas" podes escoitar diversas versións musicais deste poema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.