Chega o entroido, antroido ou carnaval
e case sen decatarnos xa estamos abandonando o inverno e entrando na
primavera. Pero, non queremos escribir sobre a próxima
primavera, senón sobre esa época do ano na que as
orellas, as filloas, os cocidos (coa cachucha do porco, os grelos e
os chourizos) se fan donos das nosas mesas e os disfraces son o eixo
da nosa vestimenta: o entroido, antroido ou carnaval.
Entroido ou antroido derivan do latín
introitus” que significa entrada, posto que o entroido sinalaba o inicio da Coresma. Por
outra banda, a palabra carnaval procede, segundo explica Joan
Corominas no seu Breve diccionario etimológico de la lengua
castellana (dicionario cuxo uso nunca nos cansaremos de
recomendar) da palabra italiana carnevale e esta de
carnelevale, alteración de carnelevare, palabra
composta de carne e levare 'quitar'. Ou sexa, que a
orixe de carnaval sería unha expresión que significaba “quitar a
carne”, unha alusión ao comezo do xexún da Coresma. Esta
palabra comezou a ser de uso común en castelán, segundo o mesmo
autor a partir do século XVII, xa que ata aquela época a palabra
utilizada era carnestolendas, que provén do latín carnes
tollendas cuxo significado era
'carne que se deixa´ e aludía, polo tanto, tamén ao comezo da Coresma.
Por certo Las carnestolendas é o nome dun entremés de Pedro Calderón de la Barca no que un dos personaxes afirma: “Oh, loco
tiempo de las Carnestolendas...”
Mais, imos ao conto, coma se di coloquialmente, recomendándovos unha serie de libros sobre estas datas. Empezamos cunha breve introdución ao entroido que atoparedes no libro As festas rituais de Galicia (Edicións Lóstrego). Continuamos con outro libro breve, O entroido galego de Federico Cocho (Edicións A Nosa Terra) e rematamos cunha novela, para 3º e 4º de ESO, de Ánxela Gracián titulada Eu tamén fun peliqueiro de Laza (Everest). Rematar, rematar, non... porque non podemos esquecer a receita das saborosas orellas, un dos doces máis típicos desta época, que nos ofrece Agustín Fernández Paz no seu libro O rastro que deixamos.
En calquera caso, se desexas saber máis sobre estas festas, poderás atopar máis información neste enlace e nestoutro.
En calquera caso, se desexas saber máis sobre estas festas, poderás atopar máis información neste enlace e nestoutro.
Orixe da foto: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Cigarron_1_verin_jpereira.jpg
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.