A bióloga, escritora e tradutora Marilar Aleixandre (nacida en Madrid en 1947) é unha das nosas máis recoñecidas escritoras. A súa obra abrangue a poesía, a narrativa e o ensaio. Entre os seus libros máis coñecidas de literatura infantil e xuvenil figuran moitos que vós coñecedes e tedes lido coma: A formiga coxa, A expedición do Pacífico, El Rei-Artur e a Abominable dama ou a moi exitosa no noso club de lectura A cabeza da Medusa.
Marilar vén, por certo, de publicar un poemario titulado A ovella descarreirada, do que vos deixamos uns versos, concretamente do poema titulado "alala do abruñeiro":
Son teimudo resistente
entre sebes ventureiro
nin vento nin temporais
someten este abruñeiro
hai galego, hai galego
hai galego por mil anos
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.