Coñecías o Museo Galego da Marioneta? Pois é un moi interesante museo que está ubicado no Pazo de Liñares en Lalín e no que até hai un tempiño contaron coa exposición "Barriga Verde, de feira en feira". E, diredes vós, quen era Barriga Verde? Pois a ver se o damos explicado, porque é algo complicado. En principio Barriga Verde era o protagonista dun espectáculo de marionetas que chegou a Galicia co extremeño José Silvent; despois pasou a denominar aos titiriteiros que o representaban (Silvent e os seus irmáns, pero tamén outros titiriteiros) e finalmente acabou por denominar a todos os espectáculos de monicreques que andaban por Galicia.
En 1968 o escritor chairego Manuel María publicou unha serie de textos teatrais co título de Barriga verde, nos que procuraba recuperar os personaxes do espectáculo.
"Eu son, Barriga Verde!; ¡Eu son, Barriga Verde!"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.