Centro

miércoles, 10 de junio de 2015

Maio de Letras Galegas XII... en xuño tamén: Fina Casalderrey

Outra das nosas autoras consagradas da LIX é Fina Casalderrey, quen por certo foi elixida membro da RAG (Real Academia Galega) en 2013. Entre a súa numerosa obra de literatura infanto-xuvenil figuran: Dúas bágoas por Máquina, ¡Asústate Merche!, O misterio dos fillos de Lúa, Xela volveuse vampira, A Pomba e o Degolado, Historia da bicicleta dun home lagarto...
Fina Casalderrey lembra así a súa infancia na ficha da AELG:

¡Un texto autobiográfico! É mágoa que teña que ser eu quen o escriba. Se lle deran a oportunidade a meus pais (xa non teño avós) exporían calidades extraordinarias sobre a miña persoa e méritos incribles arredor do meu traballo. Eu... ¿que podo dicir? Non son unha beleza de pasarela, non nacín nun pazo e, de nena, nin sequera tiñamos biblioteca no barrio (¡imaxinade no colexio ou na casa!). Non pasei fame de xurelos nin de cariño, mesmo engadiría que nin de historias; contábanmas meu pai e a radio (eles foron os meus primeiros clásicos). Si pasei fame de libros, aínda que os que afanaba ás agachadelas tiñan sabor a larpeiradas. E é que, no meu ambiente, case era "pecado" ler cousas que non levasen por título Matemáticas, Xeografía...
   Aquela escaseza de lecturas paréceme irrecuperable e síntoa coma unha enfermidade que quixera deter a medida que cumpro anos, para que non siga avanzando. Quizais por iso, cando entro nunha gran librería sinto unha mestura de gozo e de angustia. ¡Cantos libros! ¡Que marabilla! ¡Como me gustaría lelos todos! ¿A metade? ¡Imposible! O tempo, o tempo... Por se acaso, merco os que podo, aínda que non os lea todos. Son coma unha manta que gardo para os días de frío coa que me sinto protexida.

Para saber máis sobre Fina Casalderrey:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.