Centro

martes, 23 de junio de 2015

Suxestións de lectura para a noite das cacharelas

Xa está a chegar a noite de San Xoán e nós querémosvos deixar algunhas suxestións para esta data. Por certo, se queredes saber máis sobre os costumes desta noite recomendámosvos entrar no blogue Meteosansa na entrada titulada "Chegou xuño".
Empezamos cunha recoñecida autora de literatura infantil, Tove Jansson, e unha das súas novelas da serie Los Mumin: Una loca noche de San Juan (+ 9 anos).


Continuamos con O dado do lume (+12 anos) de Milagros Oya, unha novela que a algúns de vós vos gustou moito este curso. 
 

Outra recomendación para maiores de 12 anos é A noite das cacharelas de Pepe Carreiro, protagonizada polos Barbanzóns. E por suposto, non podemos esquecer nestas recomendacións o Soño dunha noite de San Xoán a película de animación baseada na obra teatral homónima de William Shakespeare.


Xa para rematar, un libriño moi útil para saber máis sobre esta data e outras coma o Magosto ou o Entroido: As festas rituais de Galicia da editorial Lóstrego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.