O alumnado de 1º de ESO visitou o mércores 21 de outubro a Torre de Hércules e o MUNCYT. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Tecnoloxía e contou coa participación do Departamento de Lingua Galega e Literatura e da biblioteca que elaboraron un pequeno texto sobre a figura de Breogán que lemos ao pé do famoso faro coruñés.
BIBLIOSANSA
Blog da biblioteca do CPI de San Sadurniño
viernes, 6 de noviembre de 2026
Arredor de Breogán
lunes, 26 de octubre de 2026
Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional
Celebramos a Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) coa actualización da nosa selección de recursos sobre esta. Por certo, este ano o lema escollido é Todos desempeñamos un papel: alfabetización mediática e informacional para a cidadanía.
viernes, 23 de octubre de 2026
Día das Escritoras
Conmemoramos o Día das Escritoras cunha lectura da escolma de textos elaborada pola asesoría de bibliotecas escolares por parte do alumnado e 4º de ESO.
viernes, 16 de octubre de 2026
Emilia Pardo Bazán
O pasado 16 de setembro cumpríronse 175 anos do nacemento da escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán quen escribiu novelas coma Los pazos de Ulloa, contos, poemas, artigos xornalísticos... Foi ademais unha gran defensora dos dereitos das mulleres e do seu acceso á educación.
lunes, 28 de septiembre de 2026
Día Europeo das Linguas
O 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas. O alumnado de 1º de ESO elaborou un mural para conmemorar esta data.
jueves, 17 de septiembre de 2026
miércoles, 13 de mayo de 2026
Día das Letras Galegas
Conmemoramos esta data, dedicada a Begoña Caamaño, cunha selección de recursos e suxestións para achegarnos a súa figura.




