Centro

jueves, 31 de enero de 2019

Día da Paz III: a conmemoración no noso centro


A lectura en voz alta tivo unha grande importancia neste Día da Paz no noso centro. Na nosa web atoparás información sobre as lecturas e as outras actividades desenvolvidas onte.

Por certo, mañá conmemórase o Día da Lectura en Voz Alta.



martes, 29 de enero de 2019

Día da Paz II: poesía

A poesía vai ter un lugar moi especial na nosa conmemoración do Día da Paz, por iso queremos lembrar algúns poemas ao longo desta semana neste blogue. Empezamos cun pertencente a un poemario que nos gusta moito: PAlAbrAs brAncAs de Elvira Riveiro Tobío.

Basta 
Basta
á paz maltratada,
ás trampas canallas,
ás malvadas lacras:
basta!

Basta
á fatal labazada,
ás casas arrasadas,
ás falsas fazañas:
basta!

Basta
ás mans asañadas,
ás fadas malfadadas,
ás malas malandanzas:
basta.

Basta ás amargas palabras.

Grazas! Ás palabras plantadas
nas landas da paz.

Elvira Riveiro Tobío

lunes, 28 de enero de 2019

Día da Paz

Lembrámosvos que na nosa aula virtual podedes atopar un espazo dedicado ao Día da Paz con recursos diversos. Premede aquí para visitalo.

jueves, 24 de enero de 2019

Os máis lectores

Atopamos en Canal Lector que os mozos e as mozas entre 14 e 24 anos son os máis lectores entre a poboacion de máis de 14 segundo o Barómetro de Hábitos de Lectura y Compra de Libros correspondente ao ano 2018.

miércoles, 23 de enero de 2019

martes, 22 de enero de 2019

Antón Fraguas

O vindeiro 17 de maio do ano 2019 homenaxearemos a Antón Fraguas no Día das Letras Galegas. Hoxe queremos lembrar a súa estreita vinculación ao Museo do Pobo Galego, que visitaremos co alumnado de 3º e 4º de ESO proximamente, do cal foi director e presidente.

lunes, 21 de enero de 2019

Acordo entre a RAG e a Academia Brasileira de Letras

A Real Academia Galega e a a Academia Brasileira de Letras veñen de asinar una acordo de amizade e colaboración segundo podemos ler na web da RAG. Preme aquí para coñecer máis información ao respecto.

viernes, 18 de enero de 2019

Las aventuras de Tintín: El secreto del unicornio

Las aventuras de Tintín: el secreto del unicornio é unha película de animación en 3, dirixida por Steven Spielberg. O filme, baseado en tres cómics do debuxante belga, cóntanos como Tintín descobre a maqueta dun  barco  que semella agochar un segredo...


jueves, 17 de enero de 2019

Rutas literarias no Museo de Lugo

O pasado xoves o noso alumnado de 2º de ESO participou na actividade "Rutas literarias" no Museo Provincial de Lugo. Antes leran o libro Contos de fantasmas no museo, xa que as catro rutas propostas baséanse nos catro contos deste que foron escritos por: Ledicia Costas, Anxo Fariña, Andrea Maceiras e Carlos Negro.


miércoles, 16 de enero de 2019

viernes, 11 de enero de 2019

Tintín cumpre anos

Pois si, o popular personaxe de banda deseñada creado polo belga George Remi, coñecido polo seudónimo Hergé, cumpriu onte noventa anos posto que as súas aventuras comezaron a se publicar un 10 de xaneiro de 1929 tal e coma nos lembran en Canal Lector.


jueves, 10 de enero de 2019

Libros que van chegando: A balada dos unicornios

Ágata McLeod pedaleaba sen descanso polas rúas do centro da cidade. O corazón golpeáballe o peito sen darlle tregua. 
Ledicia Costas: A balada dos unicornios.
Hai libros que engaiolan xa só con botarlles unha ollada. Este é o caso d'A balada dos unicornios de Ledicia Costas. Esta novela, premio Lazarillo 2017, lévanos á Escola de Artefactos e Oficios onde os mozos aprenden a crear casas motorizadas, sombreiros voadores e... 


miércoles, 9 de enero de 2019

Microplástico, palabra do ano para a Fundación Fundeu

A Fundación del Español Urgente deu a coñecer a palabra do ano. Esta escóllese entre as palabras que tiveron presenza na actualidade informativa ademais de ter relevanza lingüística. 

martes, 8 de enero de 2019

Deseucaliptización, palabra do ano 2018 en galego

O Portal das Palabras promoveu a escolla da Palabra do Ano 2018 ao longo do mes de decembro. A elexida foi: deseucaliptización.

Este neoloxismo que reflicte un aspecto destacado da crecente preocupación pola xestión dos nosos montes non está recollido no Dicionario, pero axústase ás regras de formación de palabras da nosa lingua.
Portal das Palabras