Nós tamén decidimos facer unha pequena homenaxe aos actores, aos escenógráfos, aos dramaturgos... A toda esa marabillosa xente sen a que o teatro non sería posible. Se queres coñecer a nosa pequena homenaxe, aquí a tes:
viernes, 27 de marzo de 2015
Día Mundial do Teatro
O Instituto Internacional do Teatro proclamou o 27 de marzo coma Día Mundial do Teatro en 1961. Nós unímonos a esta conmemoración con algúns enlaces de interese e, sobre todo, convidando a asistir a este marabilloso acto de creación e comunicación que é o teatro, sabedores como somos de que algúns de vós xa participades activamente en actividades teatrais.
- Mensaxe de Krzystof Warlikowski no Día Mundial do Teatro 2015
- Mensaxe de Krzysztof Warlikowski no Día Mundial do Teatro 2015 (traducido ao castelán)
- El teatro. Recursos CNICE
- 27 de marzo. Día Mundial del Teatro. INTEF
- Teatro de hoy (ITE)
- D Teatro
- El teatro (6º EP). Espazo Abalar
- Shakespeare on line
- O xénero teatral (2º de Bacharelato). Espazo Abalar
- Roberto Vidal Bolaño (5º EP)
- Roberto Vidal Bolaño (6º EP). Espazo Abalar
- O teatro galego do primeiro terzo do século XX (2º Bacharelato). Espazo Abalar
- O teatro galego entre 1936 e 1976 (2º de Bacharelato). Espazo Abalar
- Teatro galego. O blog de Carla Capeáns
- Centro Dramático Galego
- O teatro galego. IES Fonmiñá
- "Día Mundial do Teatro". Blogue Pedra do Acordo
- ¡Arriba el telón! Selección de obras teatrais de Canal Lector
jueves, 26 de marzo de 2015
E de repente a primavera II: Luís Amado Carballo
Hoxe, o poema elixido é "Noivos" do poemario O galo de Luís Amado Carballo.
Noivos
Primaveira galanada
con collares de luar
e con pendentes de estrelas
está ô seu noivo á agardar.
Domente os ventos de Marzo
tecen seu manto de noiva
pregunta ao paxaro sabio
degarante e ruborosa:
Cuco-rey
rabo d' escoba
cantos días faltan
para a miña boda?
O paxaro decontado
poñíase a cantar
e o corazón latexante
estaba a moza á contar:
Un, dous, tres,
te non trabucache
meu bô cuco-rey?
Domente qu'ela escoitaba
tremecida de vergonza
xa estaba Mayo galán
entrándolle pol-a porta.
Primaveira galanada
con collares de luar
e con pendentes de estrelas
está ô seu noivo á agardar.
Domente os ventos de Marzo
tecen seu manto de noiva
pregunta ao paxaro sabio
degarante e ruborosa:
Cuco-rey
rabo d' escoba
cantos días faltan
para a miña boda?
O paxaro decontado
poñíase a cantar
e o corazón latexante
estaba a moza á contar:
Un, dous, tres,
te non trabucache
meu bô cuco-rey?
Domente qu'ela escoitaba
tremecida de vergonza
xa estaba Mayo galán
entrándolle pol-a porta.
L. Amado Carballo
Eliximos para ilustrar este poema un famoso cadro do impresionista francés Claude Monet: "Campo de primavera".
Aniversario do falecemento de Ricardo Carballo Calero
Onte cumpríronse 25 anos do falecemento do filólogo e escritor ferrolán Ricardo Carballo Calero. Foi o primeiro catedrático de Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela, ademais dun coñecido defensor do reintegracionismo. Como todos sabedes un instituto e un centro cultural lembran o seu nome en Ferrol.
Deixamos algúns enlaces de interese sobre este ilustre ferrolán:
- Carballo Calero na AELG
- Carballo Calero na axenda cultural da AELG
- Carballo Calero na BVG
- Carballo Calero na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
- Mostra bibliográfica: Ricardo Carvalho Calero, 25 aniversario da súa morte. Biblioteca Pública Anxel Casal (Santiago de Compostela)
"De chuvia e vento vestida,
María Siléncio, calada..."
R. Carballo Calero
miércoles, 25 de marzo de 2015
E de repente... a primavera
Queremos celebrar a primavera, así que traemos ao blogue un poema de Antonio Machado.
La
La
La
Primavera besaba
La primavera besaba
suavemente la arboleda,
y el verde nuevo brotaba
como una verde humareda.
Las nubes iban pasando
sobre el campo juvenil...
Yo vi en las hojas temblando
las frescas lluvias de abril.
Bajo ese almendro florido,
todo cargado de flor
-recorde-, yo he maldecido
mi juventud sin amor.
Hoy, en mitad de la vida,
me he parado a meditar...
!Juventud nunca vivida
quién te volviera a soñar!
Antonio Machado
La primavera besaba
suavemente la arboleda,
y el verde nuevo brotaba
como una verde humareda.
Las nubes iban pasando
sobre el campo juvenil...
Yo vi en las hojas temblando
las frescas lluvias de abril.
Bajo ese almendro florido,
todo cargado de flor
-recorde-, yo he maldecido
mi juventud sin amor.
Hoy, en mitad de la vida,
me he parado a meditar...
!Juventud nunca vivida
quién te volviera a soñar!
Antonio Machado
E que mellor ilustración que un dos máis famosos cadros sobre esta nosa estación: "A primavera" de Botticelli.
martes, 24 de marzo de 2015
Libros, libros, libros: Clara Campoamor: la sufragista
Clara Campoamor: la sufragista é un libro de Víctor Vilardell Balasch que conta dunha forma amena a vida da avogada e política madrileña valedora dos dereitos da muller e firme defensora do sufraxio feminino (aprobado por primeira vez en España o 1 de outubro de 1931).
Este é un interesante vídeo sobre o debate arredor do sufraxio feminino no que a Clara Campoamor tivo un destacado papel:
lunes, 23 de marzo de 2015
E ti ¿sustentas?
E no día despois do Día Mundial da Auga non podemos esquecer o importante labor de reciclaxe que levan a cabo profesorado e alumnado no noso centro e do que atopades, como xa sabedes, toda a información, no blogue E ti ¿sustentas?
Aproveitamos para agradecer ao profesor J. J. Guillín e a Alberto, alumno de 1º, o inicio da reciclaxe na sala de secundaria da biblio co noso colector de papel e cartón.
Por certo, no reto que vos propoñen para este mes aparece mencionada unha escritora moi popular na nosa biblioteca ultimamente...
Día Mundial da Auga
Onte conmemorouse o Día Mundial da Auga, unha data que se celebra todos os 22 de marzo cun lema diferente. O elixido este ano é: "Auga e desenvolvemento sostible".
Deixámosvos algúns enlaces:
Deixámosvos algúns enlaces:
- "Día Mundial del Agua. El agua y su importancia en diez datos" en Europa Press
- ONU. Día Mundial del Agua
- 22 de marzo. Día Mundial del Agua. INTEF (Recursos e enlaces)
- Agua para todos. Educambiental (Goberno de Aragón)
- Día Mundial da Auga en Enrédate (portal educativo UNICEF Comité Español).
- Planeta auga (Espazo Abalar)
- El sitio del Agua
- Suxestións de lectura (2012)
jueves, 19 de marzo de 2015
Preparándonos para a eclipse
Xa resta menos para o venres 20 de marzo no que poderemos asistir á eclipse de sol. No blogue Meteosansa podedes atopar información sobre este fenómeno e enlaces a métodos seguros para poder observalo, xa que cómpre moita precaución, tal e como nos lembran na entrada titulada "Galicia asiste ao espectáculo da eclipse de Sol" en GCiencia: " A eclipse deberá de observarse coas debidas precaucións, advirte o director do Observatorio da USC José Ángel Docobo, e ter especial coidado cos mais novos dado que ese día, curiosamente tamén o último do inverno, non será lectivo."
Enlaces de interese:
- Meteosansa
- Entradas sobre "astronomía" en Bibliosansa
- "Así se verá a eclipse" en GCiencia
- "Eclipse" en GCiencia
- Enlaces sobre a eclipse no blogue pamplonetario
- "Los minisatélites de la ESA observarán el eclipse del viérnes" en ESA (European Space Agency)
- NASA Eclipse Web Site
- "El eclipse" conto de Augusto Monterroso
- "Poemas do sol". Selección poética realizada polo EDLG e polo Equipo de biblioteca do CEIP de Quintela
miércoles, 18 de marzo de 2015
Día Mundial da Poesía
O 21 de marzo celebrarase o Día Mundial da Poesía, cuxa proclamación foi aprobada pola UNESCO en 1999. Nós unímonos a esta conmemoración lembrando algúns enlaces de interese relacionados coa poesía e cun pequeno caderniño poético con versos de Vento mareiro, o poemario de Ramón Cabanillas, que vén de cumprir 100 anos o pasado 1 de marzo.
- Recompilación de enlaces de interese en Bibliosansa
- Enlaces na web da UNESCO sobre o Día Mundial da Poesía
- Moita, moita poesía. Materiais e recursos Bibliotecas escolares de Galicia 2014
- Rede Lectura
- Canal Lector. Poesía
- "Poesía para los que no leen poesía. (Aún) En Canal Lector
- Poesía en BLIX (Biblioteca de literatura infantil e xuvenil)
Se queres coñecer o noso caderniño con versos de Vento mareiro de Cabanillas preme aquí... E, xa sabedes, agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca.
Libros, libros, libros: Rapoemas de Aid
martes, 17 de marzo de 2015
Libros, libros, libros: Emilia Pardo Bazán
Emilia Pardo Bazán non só é unha das novelistas máis destacadas do século XIX en castelán, senón que tamén foi unha precursora do feminismo e unha destacada defensora da educación das mulleres nunha época na que unha elevada porcentaxe delas eran analfabetas.
A longametraxe Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde dirixida por Zaza Ceballos lémbranos a vida desta apaixonada e apaixonante escritora. Por certo, a Secretaría Xeral de Igualdade elaborou unha unidade didáctica a partir da película. Deixámosvos un anaquiño ben ilustrativo desta que nos permite reflexionar sobre a situación das mulleres a finais do XIX.
Etiquetas:
CINE,
CINE ESO,
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER,
LITERATURA ESPAÑOLA,
SECUNDARIA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA ESO,
SUXESTIÓNS DE VISIONADO ESO
lunes, 16 de marzo de 2015
Un premio para as Bibliotecas Escolares de Galicia
As Bibliotecas Escolares de Galicia veñen de recibir o Premio Francisco Fernández del Riego á colaboración no ámbito cultural e editorial outorgado pola Asociación Galega de Editores. Recoñécese con este premio o "seu labor de apoio continuado ao libro e a lectura no ámbito escolar".
Por outra banda, o pasado venres 13 celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas, programa no que o noso centro está integrado.
jueves, 12 de marzo de 2015
Libros, libros, libros: Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros
Hai xa meses que, coma sabedes, temos un libro presentando cada andel na sala de secundaria, pero agora ocorréusenos ir presentando libros que van chegando, que xa estaban dende hai tempo... En fin, sacar os libros dos andeis para posibilitar que cheguen ás vosas mans. E coma o día 8 foi o Día Internacional da Muller esta semana dedicámonos, como xa vos contamos, a "presentar" libros escritos por mulleres ou sobre mulleres.
Hoxe traemos unha novidade na nosa biblioteca: Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros de Mª Xosé Queizán. A figura da escritora coruñesa é recreada nesta obra (recomendable de 10 anos en diante) que nos achega a súa vida e a súa obra, pero tamén ao contexto histórico no que lle tocou vivir. Por certo, se queredes coñecer os fondos que temos na biblioteca sobre a Pardo Bazán só tedes que premer aquí.
Etiquetas:
BIOGRAFÍAS,
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER,
EFEMÉRIDES,
ESCRITORAS,
LITERATURA ESPAÑOLA,
LITERATURA GALEGA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA
Libros, libros, libros: Curie la atómica
Continuamos con Marie Curie, recomendándovos outro libro que podedes atopar na nosa biblioteca: Curie la atómica de Eduardo Rodríguez Serrano (recomendado a partir de 9 anos).
miércoles, 11 de marzo de 2015
Concurso "Nós lemos"
Atopamos en Rede Lectura unha entrada sobre un interesante concurso, dirixido ao alumnado de Primaria e do 1º ciclo de ESO, para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil. Se queres informarte máis, só tes que premer aquí.
martes, 10 de marzo de 2015
Libros, libros, libros: El rayo azul
Hoxe traemos a blogue unha novidade na nosa biblioteca: El rayo azul (Marie Curie, descubridora del radio) de Vicente Muñoz Puelles. Un libro (recomendado a partir dos 14 anos) que nos achega á vida da científica franco-polonesa gañadora do Premio Nóbel de Físia en 1903 (conxuntamente co seu marido Pierre Curie e con Henri Becquerel) e do de Química en 1911 polos seus traballos sobre o Radio.
Recompilación actividades Biblioteca Escolares en Leer.es
O portal Leer.es recolle a recompilación das actividades realizadas polas Bibliotecas Escolares de Galicia co gallo do Día Internacional da Muller. Deixámosvos un vídeo no que se presenta o Centro Virtual Leer.es e, xa sabedes, agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca.
lunes, 9 de marzo de 2015
Libros, libros, libros: Las pioneras de Rita Levi-Montalcini e Giuseppina Tripodi
Esta semana queremos dedicar o noso blogue a facer suxestións de fondos da nosa biblioteca relacionados coas mulleres, para continuar coa conmemoración do Día Internacional da Muller.
Rita Levi-Montalcini é unha científica sobre a que xa temos escrito neste blogue noutras ocasións. Hoxe queremos recomendarvos un libro que escribiu con Giuseppina Tripodi: Las pioneras. Las mujeres que cambiaron la sociedad y la ciencia desde la Antigüedad hasta nuestros días. Escribe Rita no prólogo: "Este libro está destinado a las nuevas generaciones. Su objetivo es hacerlas conscientes de las fundamentales aportaciones científicas que hicieron sus antepasadas desde dos siglos antes de la era cristiana hasta el siglo XX. Una época histórica en la que la pertenencia al género femenino se veía como un impedimento para cualquier tipo de desarrollo intelectual.
Rita Levi-Montalcini é unha científica sobre a que xa temos escrito neste blogue noutras ocasións. Hoxe queremos recomendarvos un libro que escribiu con Giuseppina Tripodi: Las pioneras. Las mujeres que cambiaron la sociedad y la ciencia desde la Antigüedad hasta nuestros días. Escribe Rita no prólogo: "Este libro está destinado a las nuevas generaciones. Su objetivo es hacerlas conscientes de las fundamentales aportaciones científicas que hicieron sus antepasadas desde dos siglos antes de la era cristiana hasta el siglo XX. Una época histórica en la que la pertenencia al género femenino se veía como un impedimento para cualquier tipo de desarrollo intelectual.
Durante siglos las mujeres estuvieron excluidas. En el pasado, las que destacaban por su sabiduría se consideraban brujas y se enviaban a la hoguera, e incluso cuando se abolió esta persecución, tan feroz como absurda, los filósofos y científicos, incluidos los conocidos como "ilustrados", siguieron alimentando el mito de la absoluta superioridad intelectual del hombre." (...)
"El hecho de que hoy en día la presencia femenina ya no constituya una excepción, sino una aportación significativa que, además, va en contínuo aumento, demuestra que la capacidad de producir ciencia es un atributo propio de la especie humana, sin distinción de sexos o de clases.
Con el reconocimiento a las mujeres de la igualdad en el ejercicio de sus funciones se desea que los miembros de las nuevas generaciones, independientemente de su género, disfruten del derecho a utilizar con libertad sus propias capacidades intelectuales. Un derecho que se negó a sus antepasadas."
Un libro breve e rigoroso que nos permite achegarnos ás biografías de: Hipatia, Sophie Germain, Sofia Kovalevskaia, Emmy Nother, Marie Curie, Mileva Maric, Lise Meitner, Irène Joliot-Curie, Chien-Shiung Wu, Rosalind Franklin, Barbara McClintock, Vandana Shiva...
viernes, 6 de marzo de 2015
Caderniño do Día Internacional da Muller
Este ano decidimos conmemorar o Día Internacional da Muller cun caderniño sobre a matemática coruñesa María Wonenburger que podedes ler se premedes aquí.
Día Internacional da Muller
O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Deixámosche algúns enlaces e recursos de interese sobre esta data:
- Día Internacional de la Mujer (ONU)
- Día Internacional de la Mujer (UNESCO)
- 8 de marzo, Día Internacional da Muller (Bibliotecas Escolares 2014)
- 8 de marzo: Día Internacional da Muller (Bibliotecas Escolares 2013)
- O noso mural
- Lembrando a Rita Levy-Montalcini. Biblioteca CPI de San Sadurniño 2013
- Hemeroteca de experiencias. Espazo Abalar 2014.
- Recompilación BiblogCañiza
- Mulleres en Galicia. Secretaría Xeral de Igualdade (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza
- Día Internacional da Muller Traballadora. Álbum de Mulleres.
- "A historia de ser mulleres" en Historias de Galicia (TVG)
- 8 de marzo. Día Internacional de la Mujer (INTEF)
jueves, 5 de marzo de 2015
Helena estivo con nós
Hoxe visitounos Helena Villar Janeiro para falarnos de dous libros: Remontar o río e As señoras cousas. Despois da presentación de Anabel, a bibliotecaria do noso concello, comezou a charla-coloquio con Helena. Emocionámonos coa súa vitalidade, cos seus poemas, coa súa dispoñibilidade para contestar a todas as preguntas... E coas súas lembranzas de "Cantareliña", cuxa primeira edición tivo lugar en 1983 e que, tal e como nos lembraba María Yáñez no número 1 da revista Luzes foi un "fito da cultura galega que abriu un camiño moi importante para a
normalizacion lingüística, mesmo antes de que a TVG nacese ou a lingua
galega entrase na EXB". Tamén, por certo, en Fálame de San Sadurniño Ramón Díaz Raña lembra o seu nacemento: "Cantos sentimentos burbullan o soar esta palabriña!... Foron moitas as
ilusións que algúns puxemos nesta empresa. No ano 1982 o grupo Saraibas decidímosnos organizar o que xa había tempo lle viñamos dando voltas."
En fin, grazas a Helena por vir e falarnos dos seus dous últimos poemarios e grazas por facernos lembrar "Cantareliña".
miércoles, 4 de marzo de 2015
Helena Villar Janeiro visítanos
Mañá recibiremos a visita da escritora Helena Villar Janeiro que nos presentará o seu libro Remontar o río,
un libro despregable en doce metros de papel no
cal a poesía de Helena Villar Janeiro se combina coas ilustracións
de Luz Darriba.
A escritora confesa que concibiu o libro, dedicado á súa nai Helena e a súa neta tamén así chamada, mentres subía polo río
Danubio de Budapest a Linz. Remontar o río é un poemario no que o río, símbolo da vida na poesía, se converte en tema poético máis tamén en motivo de evocación da xuventude simbolizada no valse e a rosa. E sempre a presenza da música, especialmente Vivaldi, porque non en van As catro estacións do músico italiano, simbolizan claramente nel as etapas da vida.
Grazas a Helena por este poemario vital e evocador. Grazas a Luz Darriba polas ilustracións e grazas ás dúas por este libro, fermoso por dentro e por fóra.
Amor esa
palabra
Xogando coas
palabras nun insomnio
atoparás
AMOR.
Amor é a
palabra máis grande e misteriosa,
a única
palabra para repetir sempre,
a que fixo
tremer as paredes dos labios,
a que pode
crebar os diques do teu sangue.
Amor, esa
palabra,
que salta
áxil do silencio á fuga
e que fixo
imposible versos sen elexía.
Foi amor a
palabra que te entregou á luz,
para que
desfixese todos os teus contornos,
a que
aflorou a dor
gardada na
esperanza e na beleza.
Amor, esa
palabra,
dona de
bágoas, risas,
acougo,
desconcerto,
desencanto,
paixón,
a que
converte as lágrimas
en viño
metafórico
e o viño en
amargura.
Amor era a
palabra que escondían
xuntos o
vals e a rosa e que rozou
os brancos
almidóns e o encaixe virxe.
Amor é a
palabra que tamén aparece
pregada
entre unha saba ou un mantel
tinxida de
cor sepia nun retrato,
feito olor
na corola dun xasmín
e nas notas
do merlo
que abre as
portas do día ou se despide.
Helena Villar Janeiro, Remontar o río
Tendal da poesía VIII: Luisa Castro
Luisa Castro naceu en Foz en 1966. Deuse a coñecer moi nova coma poeta e recibiu o premio Hiperión de Poesía aos dezanove anos.
Aunque se rían de los versos que te escribo...
Aunque se
rían de los versos que te escribo
y que dejo escondidos en las mantas del catre,
pedaleo.
Y Vegadeo es de lejos un fósforo encendido,
llevo alas en las ruedas,
voy en llanta,
pero conozco el paisaje y tengo alma
porque hago amistades
con recuas de perros de varios pueblos
y diversa índole.
Me ladran porque te amo.
Se arrojan a mis zapatos como fanecas salvajes.
y que dejo escondidos en las mantas del catre,
pedaleo.
Y Vegadeo es de lejos un fósforo encendido,
llevo alas en las ruedas,
voy en llanta,
pero conozco el paisaje y tengo alma
porque hago amistades
con recuas de perros de varios pueblos
y diversa índole.
Me ladran porque te amo.
Se arrojan a mis zapatos como fanecas salvajes.
Luisa Castro, Ballenas
martes, 3 de marzo de 2015
Hoxe visitounos Andrea Maceiras
Hoxe visitounos Andrea Maceiras para falarnos dos seus libros Volverás, golfiño e Nubes de evolución. Agradecémoslle moito a súa presenza que nos permitiu relembrar esas dúas lecturas que tanto nos agradaron; preguntar as nosas dúbidas; escoitala falar dos seus comezos coma escritora e da importancia da lectura nestes, das marabillosas paisaxes da Costa da Morte, da solitaria estación nas que tres persoas se entrecuzan para ver desparecer as nubes que as perseguen... Mil grazas, Andrea.
Tendal da poesía IX: Xulio Valcárcel
O poema de hoxe, é probablemente un dos máis fermosos publicados en lingua galega nos últimos anos. O seu autor, o poeta e narrador Xulio Valcárcel, naceu en Lugo en 1953.
Se subo ata o teu berce
e me remonto polo anos
son neno contigo en celestes
mañás de balanzos e sinos,
préndome ao voo da túa saia
e esperto ao amor
nun mencer cheo de alas.
e me remonto polo anos
son neno contigo en celestes
mañás de balanzos e sinos,
préndome ao voo da túa saia
e esperto ao amor
nun mencer cheo de alas.
Mais,
se envellecemos xuntos,
se desandamos o vieiro da vida
paso a paso,
mirarei nos teus ollos
o esvarar do tempo
norde como un barco.
se desandamos o vieiro da vida
paso a paso,
mirarei nos teus ollos
o esvarar do tempo
norde como un barco.
Se
envellecemos xuntos
e desfago a madeixa dos meus días
ao teu lado
fareime confidente
do teu camiño sen pegadas
do teu canto e do teu ánimo.
e desfago a madeixa dos meus días
ao teu lado
fareime confidente
do teu camiño sen pegadas
do teu canto e do teu ánimo.
Compartirei
o sal, o leito
e o abrazo,
saberei escuramente que o noso paso
polo mundo non é en balde.
e o abrazo,
saberei escuramente que o noso paso
polo mundo non é en balde.
Se
envellecemos xuntos,
se te acompaño neste tránsito,
deixarei bolboretas lenes
nas túas pálpebras cansas,
escoitarei o repenicar da chuvia
nas xanelas da nenez,
sentirei a túa voz
esmorecerse en calma.
se te acompaño neste tránsito,
deixarei bolboretas lenes
nas túas pálpebras cansas,
escoitarei o repenicar da chuvia
nas xanelas da nenez,
sentirei a túa voz
esmorecerse en calma.
Bastarame
para entendelo todo
o ollar confidente desa túa luz sen ansia.
o ollar confidente desa túa luz sen ansia.
Xulio Valcárcel, En voz baixa. Quince anos de poesía
lunes, 2 de marzo de 2015
Visita Andrea Maceiras
Mañá visítanos Andrea Maceiras para falarnos de dúas das súas novelas: Volverás, golfiño e Nubes de evolución. Co gallo da súa presenza elaboramos unha presentación que podes atopar na nosa web. Ademais, tamén o blogue do noso club de lectura se fai eco da súa visita. Deixámosvos unha entrevista que lle fixeron alumnos do IES de Cuntis.
Parabéns polo Premio ao Emprendemento no FIRST LEGO League
Queremos dar os nosos superparabéns ao alumanado participante e ao profesorado responsable do noso centro polo Premio ao Emprendemento acadado no FIRST LEGO League. Podedes atopar máis información na nosa web sobre este evento e o premio.
Superparabéns!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)