Dinosaurium é un libro da colección "Visita nuestro museo" da editorial Impedimenta que explora a vida dos dinosaurios.
Mostrando entradas con la etiqueta BIOLOXÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BIOLOXÍA. Mostrar todas las entradas
martes, 19 de enero de 2021
martes, 10 de noviembre de 2020
Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón
que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao
coñecemento.
Xurxo Mariño
Un ano máis chega "Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas". Trátase dunha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Secretaría Xeral de Política Lingüística coa que colabora un científico que escribe un manifesto sobre a ciencia. Este ano o autor deste é o biólogo Xurxo Mariño.
miércoles, 17 de junio de 2020
Un verán de libros: Botanicum
Gústannos moito todos os libros publicados na colección Visita nuestro museo da editorial Impedimenta. Así que, hoxe traemos a esta nosa bitácora un fermoso percorrido pola vida vexetal.
lunes, 7 de octubre de 2019
Rías de Vida
Atopamos en GCiencia novas dos vídeos "Rías de Vida" que tratan sobre os fondos mariños da ría de Pontevedra. Están dispoñibles na canle de Youtube de "Rías de Vida".
lunes, 17 de junio de 2019
Libros que van chegando: Botanicum
Unha xoia máis da colección "Visita nuestro museo" (editorial Impedimenta) que nos acerca ao mundo vexetal.
miércoles, 7 de noviembre de 2018
Novembro de Ciencia II: Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
"Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler".
Luís Navarro
As consellerías de Cultura e Educación, a través das unidades
responsables das bibliotecas públicas e escolares, xunto coa Secretaría
Xeral de Política Lingüística, celebran o mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Este ano o manifesto para esta conmemoración foi escrito por Luís Navarro profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo.
martes, 5 de diciembre de 2017
Novembro de Ciencia... en decembro tamén XIII: as baleas azuis
Lemos en GCiencia que se produciron novos avistamentos de baleas azuis nas costas galegas e non podemos deixar de aledarnos de que a Balaenoptera musculus (ese é o seu nome científico) nos visite porque este xigantesco mamífero mariño estivo ao piques de se extinguir.
Benvidas baleas azuis!
martes, 13 de diciembre de 2016
A beleza do Universo
Etiquetas:
BIOGRAFÍAS,
BIOLOXÍA,
CIENCIA,
CIENCIA E LITERATURA,
CINE,
CINE ESO,
GUÍAS DE SUXESTIÓNS,
LITERATURA,
RECURSOS,
RECURSOS CIENCIA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA,
SUXESTIÓNS DE LECTURA +12
martes, 29 de noviembre de 2016
Novembro, mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas VI: De vacalouras e escornabaois
Por sobre do soutelo había unha carballeira; entre os dous bosques un regueiro estreito. A carballeira era o reino ciclópeo e salvaxe das vacalouras.
Méndez Ferrín, "Grieih"
Atopamos en GCiencia, unha das nosas webs de divulgación científica preferidas, unha nova preocupante sobre as vacalouras ou escornabois (Lucanus cervus) que se titula "A vacaloura, unha icona galega en perigo". O certo é que tal e coma nos lembran no artigo, o Lucanus cervus, chamado en castelán "ciervo volante", tivo unha gran presenza na cultura popular galega, foi coprotagonista dun conto de Méndez Ferrín titulado "Grieih" (Percival e outras historias) e ata dunha canción do Xabarín Club!
lunes, 28 de noviembre de 2016
Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares V: Vivir no solo
Pois si, moita xente cre que é necesario salvar as baleas ou os carballos pero non movería un dedo polo solo.
Vivir no solo
Esta é unha das reflexións da lombriga ou miñoca (Lumbricus terrestris) protagonista do cómic Vivir no solo que, segundo lemos no xornal La Voz de Galicia, vén de traducirse ao italiano, despois de ter sido traducido ao castelán, o catalán e o inglés. Un verdadeiro éxito para unha obra con texto de Marilar Aleixandre e ilustracións de Francisco Bueno que naceu no ano 2000 para sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de protexer o solo.
Preme aquí se queres lelo e lembra que na bilioteca temos un exemplar impreso.
martes, 22 de noviembre de 2016
Novembro de Ciencia IV: Ano Internacional dos Legumes
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou (no seu 68ª período de sesións) o ano 2016 Ano Internacional dos Legumes co fin de sensibilizar á cidadanía sobre vantaxes nutricionais destes como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición.
Para saber máis:- Año Internacional de las Legumbres (FAO).
- Exposición: "2016, Ano Internacional dos Legumes (Museo de Historia Natural da USC).
Vídeo atopado aquí.
jueves, 17 de noviembre de 2016
Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares III: Cruz Gallástegui
Cruz Ángel Gallástegui Unamuno naceu en Bergara en 1891 e faleceu en Pontevedra en 1960. Gallástegui, afincado en Galicia dende 1921, foi un enxeñeiro agrónomo e veterinario que se converteu nun dos pioneiros en experimentar con híbridos do millo en Europa e nun modernizador da agricultura galega.
Para saber máis:
viernes, 4 de noviembre de 2016
Novembro, Mes da Ciencia en Galego II: Día da Ciencia en Galego
Hoxe, coma moitos e moitas sabedes, conmemoramos o VII Día da Ciencia en Galego. Este ano lémbranse o Ano Internacional dos Legumes e tamén os científicos Gregor Mendel e Cruz Gallastegui.
Para saber máis:
- IGACIENCIA
- Guía de lectura de ciencia en galego no blogue da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI As revoltas.
jueves, 16 de junio de 2016
Final mundial de Famelab
De novo grazas a GCiencia descubrimos que a bióloga coruñesa Alba Aguión, a quen xa mencionamos aquí co gallo do seu divertido e instrutivo monólogo sobre as formigas, vén de ser subcampeoa do Famelab, un concurso internacional de monólogos científicos. Nesta ocasión Alba falou sobre cigarras.
Moitos parabéns por instruirnos e deleitarnos!
Vídeo atopado aquí.
viernes, 3 de junio de 2016
Formigas...
Atopamos en GCiencia, unha das nosas webs de divulgación científica preferidas, unha interesante reportaxe sobre as formigas titulada "A intelixencia do formigueiro". Deixámosvos un interesante monólogo, que atopamos grazas a esta web, sobre este tema.
lunes, 23 de mayo de 2016
Libros que van chegando: Historia de la vida
Outra alfaia máis da colección Visita nuestro museo que se une nos nosos andeis a Historium: Historia de la vida. Unha obra despregable na que atoparás máis de oitenta criaturas terrestres, mariñas e voadoras e coñecerás a historia da evolución.
jueves, 10 de diciembre de 2015
Un novembro de ciencia máis... en decembro tamén XIV: Jane Goodall
O pasado 3 de abril Jane Goodall cumpriu 81 anos. Goodall é unha das primatólogas máis coñecidas nun eido do saber científico no que destacaron, e destacan, numerosas mulleres coma Dian Fossey ou Birute Galdikas.
Por certo, se Diane Fossey serviu de inspiración a unha famosa película Gorilas en la niebla, en 2010 estreouse o documental El viaje de Jane sobre a vida de Goodall.
Por certo, se Diane Fossey serviu de inspiración a unha famosa película Gorilas en la niebla, en 2010 estreouse o documental El viaje de Jane sobre a vida de Goodall.
Esta é unha interesante entrevista feita horas antes da súa investidura coma Doutora Honoris Causa pola Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina).
- Ciencia en Galego nas Bibliotecas - Libros informativos.
- Selección de lecturas arredor do mundo natural en Canal Lector.
viernes, 4 de diciembre de 2015
Un novembro de ciencia máis... en decembro tamén XII: Darwin de novo
Outra forma divertida de achegarse á figura e ao legado de Darwin é o libro Darwin el viajero de Nicolás Cuvi.
Ou este vídeo que vimos de atopar aquí.
Ou este vídeo que vimos de atopar aquí.
jueves, 3 de diciembre de 2015
Un novembro de ciencia máis... en decembro tamén XI: máis fondos sobre Darwin
Francisco J. Ayala é un prestixioso científico español que ten publicados diversos libros sobre o darwinismo. Na nosa biblioteca podes atopar: Darwin y el diseño inteligente e ¿Soy un mono?.
lunes, 30 de noviembre de 2015
Un novembro de ciencia máis X: Darwin e o Beagle
A novela de Marilar Aleixandre A expedición do Pacífico, comentada nunha entrada anterior, permítenos coñecer as teorías de Charles Darwin sobre a evolución. Sen lugar a dúbidas, cando este se embarcou no Beagle o 27 de decembro do 1831 non era consciente da relevancia que a súa viaxe ía ter para a ciencia!
Se queres acompañar a Darwin na súa viaxe recomendámosche o libro Charles Darwin de Alan Gibbons, no cal o grumete da expedición nos conta toda aquela apaixonante aventura do saber... Sen que falte detalle!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











