Centro

jueves, 30 de abril de 2015

Alexandre de Fisterra: o galego que inventou o futbolín

Pois si, o inventor do futbolín era galego, de Fisterra concretamente. Editor, escritor, inventor, testamenteiro do poeta León Felipe... a vida de Alexandre de Fisterra, cuxo verdadeiro nome era Alejandro Campos Ramírez, non se pode dicir que non fose apaixonante e activa.
Aquí conta coma foi a invención, ademais de falar de León Felipe e de literatura.



E este é o vídeo da canción que lle dedicaron "Os diplomáticos de Monte Alto":

miércoles, 29 de abril de 2015

IV Concurso de Bandas Sonoras "Tócaa outra vez, Xan"

Coñecemos, a través do blogue da Biblioteca José Fontenla Leal do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol, a celebración do IV Concurso de Bandas Sonoras "Tócaa outra vez, Xan" organizado pola ANPA do amentado centro. Parabéns pola iniciativa e o éxito!

martes, 28 de abril de 2015

De inventos e inventores

Atopamos na axencia de prensa Europa Press un test que pon a proba os nosos coñecementos sobre inventos e inventores. Como sabedes na biblioteca temos algúns libros sobre inventores: Tesla, el genio de la tecnología de Sergi Aguilar, Edison, el mago de los inventos de Gorka Calzada, Monturiol y su submarino de Florenci Salesas, Arquimedes el despistado de Luis Blanco, Inventos de Glenn Murphy...
Deixámosvos algúns recursos de interese relacionados co tema.
E un vídeo sobre as mulleres que destacaron na ciencia e na tecnoloxía.

lunes, 27 de abril de 2015

Folliña "bibliotecaria" do Día do Libro 2015

Estamos rematando xa as nosas entradas sobre o IV Centenario de Don Quijote e o Día do Libro. Hoxe presentámosvos unha folliña con citas sobre a lectura, entre as que figuran dúas pertencentes aos dípticos elaborados pola Asesoria de Biblioteca Escolares este ano e o pasado da autoría de María Solar e Paco Martín. Premede aquí para lela e  lembrade: agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca.

Número 1: Criaturas

Coñecemos a través de Rede Lectura a publicación dun novo número da revista Criaturas, neste caso un especial humor.


E tamén unhas recomendacións de lectura ben interesantes. Grazas a Rede Lectura e a Criaturas!

viernes, 24 de abril de 2015

Ópera-apaixonados III

Tal foi o éxito do musical O home da Mancha que se sucederon ás versións en diferentes linguas, así a primeira represetanción en español levouse a cabo en 1966. Nese mesmo ano o cantante belga Jacques Brel solicitou os dereitos para a versión en francés que se representou en París e Bruselas dende finais de 1968 até mediados de 1969. Probablemente a versión de Brel sexa unha das máis conmovedoras pola paixón e forza que consegue transmitir. 


Ópera-apaixonados II

E Don Quixote fíxose musical. Si, coma o les: en 1965 estreouse en Broadway un musical sobre o famoso cabaleiro manchego e o seu autor. No ano 1972 realizouse a versión cinematográfica, protagonizada polo actor irlandés Peter O' Toole quen por certo lle pon voz a Aton Ego, o severo crítico astronómico da película de animación Ratatouille.



jueves, 23 de abril de 2015

Día do Libro: cartel e actividades

Xa sabedes que este ano decidimos celebrar conxuntamente o Día do Libro e o IV Centenario da publicación da segunda parte de Don Quijote. Así que, preparamos un carteliño para conmemorar esta data e desexar que todos os días sexan do libro.


Por certo, non esquezades que mañá continuamos as nosas lecturas quixotescas (empezadas onte) na sala de secundaria e que hoxe o alumnado de EP participa no maratón de lectura na Casa da Cultura no marco das actividades programadas pola Biblioteca Municipal para esta data.
Feliz Día do Libro e xa sabedes: agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca!

miércoles, 22 de abril de 2015

Día da Terra

Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Terra e nós queremos sumarnos a esta celebración cuns cantos enlaces e un vídeo moi especial.
Para rematar, deixámosvos un vídeo da NASA que nos amosa o noso planeta visto dende a Estación Espacial Internacional.

E tamén, un poema de Juan Ramón Jiménez:


 UN CLIMA
Está el cielo tan bello,
que parece la tierra.
(Dan ganas de volver
los pies y la cabeza.)

Día do Libro

Achégase o 23 de abril e nas bibliotecas escolares galegas van xurdindo un montón de propostas que podedes atopar premendo aquí. Así mesmo, dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia ponse á nosa disposición un marcapáxinas en formato de dítptico cun fermoso texto de María Solar (autora de As meigas de Lupa e O meu pesadelo favorito). Escribe María Solar: " Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar". 
Xa sabes, agardámoste onde o mundo se chama biblioteca e non esquezas que hoxe comezamos a nosa lectura de Don Quijote na sala de secundaria para conmemorar este día tan especial e os catrocentos anos da segunda parte da obra cervantina.


martes, 21 de abril de 2015

Unha película, unha obra de teatro

Ao reler o poema de Xulio Valcarcel lembramos unha película baseada na obra de teatro homónima de Ernest Thompson: On Golden Pond, coñecida en español como En el estanque dorado

Por certo, esta obra, representada por Lola Herrera e Hector Alterio, está de xira por España. Estas son as palabras da súa directora, Magüi Mira, sobre a obra:

"En el estanque dorado. La edad. El miedo. El amor. La soledad. La risa.
La lucha por la vida dentro de una familia. Una isla de esperanza frente al peligro de extinción: de la naturaleza, de la familia, de la pareja, de la vida.
Una valiosa reflexión sobre lo difícil que es conseguir relaciones positivas. A cualquier edad.
En cualquier momento. El goce es posible a pesar del implacable acoso del tiempo. “Con Lola Herrera y Héctor Alterio, la emoción está servida. La lágrima y la risa. La belleza incontestable de dos grandes por primera vez juntos en las tablas de los teatros de España. Es un placer para mí. Va por ustedes.”

Magüi Mira


lunes, 20 de abril de 2015

Feliz IV Centenario Don Quijote V: Don Quijote e os debuxos animados

E coma non podía ser doutra maneira, Don Quijote tivo tamén versións animadas. En 1934 rodouse en USA unha película de debuxos animados en color e uns cantos anos máis tarde, en 1980, Palomo Cruz Delgado dirixe unha serie de 39 capítulos para TVE que populariza as aventuras de Don Quijote e Sancho entre os e as máis noviñas.


En 2007 estreouse Donkey Xote, unha película de animación en 3D, cuxo guión está baseado na segunda parte da obra de Cervantes. Por certo, foi a primeira película de animación española que tivo un videoxogo.

 
A última versión animada da obra titúlase Las aventuras de Don Quijote e trata sobre un rato que vive na casa de Cervantes e todas as noites lles le as historias que este escribe aos seus fillos, aínda que un pouco cambiadas...

viernes, 17 de abril de 2015

Ópera-apaixonados I

Como sabedes algúns dos alumnos e das alumnas do noso centro están a realizar un proxecto operístico. Así que, queremos contribuír dalgunha maneira á súa tarefa, aínda que só sexa  cun graniño de area. Por iso, iniciamos hoxe unha serie de entradas (que decidimos titular "Ópera-apaixonados" e que publicaremos os venres) nas que escribiremos sobre óperas e tamén sobre algún que outro musical.
Esta semana andamos a voltas co Quijote e, coma non podía ser doutra forma, temos que facer referencia ás versións musicais da obra de Don Miguel de Cervantes que son moitas. Xa no sećulo XVII  Henry Purcell compuxo unha ópera titulada The Comical History of Don Quixote, e as versións musicais sobre a famosa obra fóronse sucedendo até hoxe. Unha das máis coñecidas é El retablo de Maese Pedro de Manuel de Falla, aínda que tampouco podemos esquecer Don Quijote, a ópera nun acto de Cristobal Halftter estreada en 2000. 

 

Se queres saber máis sobre Don Quijote na ópera, preme aquí.

miércoles, 15 de abril de 2015

Feliz IV Centenario Don Quijote III: Don Quijote e o cine

O libro de Miguel de Cervantes foi levado ao cine xa dende os albores deste, posto que a produtora francesa Gaumont rodou unha breve escena, hoxe desaparecida, en 1898. A partir de aquí as versións cinematográficas sucedéronse, como podes observar neste vídeo e neste enlace.
En 1948 estreouse a versión dirixida por Rafael Gil protagonizada por Rafael Rivelles e Juan Calvo.




En1957 deuse a coñecer a versión do ruso Gregory Kozintsev, considerada unha das mellores pola crítica.

E tamén nese ano empezou Orson Welles a rodaxe da súa película sobre o cabaleiro manchego que, malia prolongarse durante tres décadas, non foi acabada polo xenial director norteamericano. A versión de Welles ofrece unha moi orixinal visión da obra cervantina, xa que  o director trataba de reinventar a historia do cabaleiro e o seu escudeiro na España da época.  En 1992 estreouse a montaxe que o seu amigo Jesús Franco  realizou a partir do material gravado e das notas de Welles.

martes, 14 de abril de 2015

Unha curiosidade familiar e histórica

Aludiamos na anterior entrada sobre o centenario de Don Quijote a don Pedro Fernández de Castro y Andrade; pois ben, este nobre pertencía a nunha época moi poderosa familia da Casa de Castro e estaba, polo tanto, emparentado cunha figura histórica cuxa vida deu pé a moitas obras literarias: Inés de Castro. Xa temos mencionado a Inés noutras entradas do blogue, pero hoxe queriamos traer aquí o conto titulado Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo, con ilustracións das nenas e nenos dos CEIP, CPR e CEE de Monforte de Lemos, Pobra de Brollón, Currelos, Bóveda, Saviñao e Sober. Por certo, a súa figura é moi popular aínda hoxe en Portugal onde existe a Fundação Inês de Castro que colabora en iniciativas tan interesantes coma este blogue.

Imaxe atopada aquí.

lunes, 13 de abril de 2015

viernes, 10 de abril de 2015

Feliz IV Centenario Don Quijote II

En 1992 publicouse a tradución en lingua galega da obra cervantina, nunha edición especial de 300 exemplares ilustrada por algúns dos máis coñecidos pintores galegos, co título de O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha. En 2005, co gallo do cuarto centenario da saída do prelo do primeiro tomo publicouse unha edición actualizada.
Os vínculos da obra cervantina con Galicia e a literatura galega son numerosos.  De feito, a segunda parte da obra está dedicada a Don Pedro Fernández de Castro y Andrade, VII conde de Lemos e coñecido mecenas de escritores da época entre os que non só figura Cervantes, senón tamén Góngora, Quevedo e Lope quen foi seu secretario. Don Pedro ostentou, entre outros moitos cargos (Presidente do Consello de Indias, Vicerrei de Napoles, etc.), o de Alguacil Maior do Reino de Galicia e foi un firme defensor da reivindicación do voto en cortes como amosa a súa obra El búho gallego haciendo cortes con las demás aves de España (un opúsculo apoloxético de Galicia escrito, na opinión dalgúns estudosos, non só con este fin senón tamén co de mellorar a imaxe de Galicia). Así o lembraba Manuel Murguía:

"Entre os seus ningún sentiu como el as desgrazas de Galicia, ningún que de mellor vontade desposásese coas súas esperanzas nin se doese tanto das súas inmerecidos infortunios. A súa pluma, a súa palabra, a súa influencia, as súas riquezas, todo púidoo ao servizo do país galego. Só por iso debe sernos sacra a súa Memoria."



Álvaro Cunqueiro sentía unha especial fascinación por un personaxe que aparece na segunda parte de Don Quijote: o Cabaleiro do Verde Gabán. Non é sorprendente, pois este cabaleiro deu moito que escribir, especialmente polo seu suposto erasmismo que  o hispanista francés Marcel Bataillon defendía fronte a outras voces prestixiosas, coma a de Américo Castro, que se ben afirmaba estar convencido da profunda influencia da obra de Erasmo en Cervantes e no Quijote, non a apreciaba neste personaxe. En calquera caso, Cunqueiro amosa fascinación, como vimos de escribir, polo do verde gabán a quen no libro Teatro venatorio y coquinario gallego, escrito con J.M. Castroviejo, fai recibir a uns cazadores amigos na súa casa. Porén, a influencia cervantina en Cunqueiro percíbese noutras das súas obras coma en As crónicas do Sochantre, onde parodia o recurso cervantino do manuscrito encontrado.  O influxo cervantino na obra do mindoniense é pois, clara e evidente, tal e coma o profesor Xoán González-Millán ten amosado en numerosas ocasións.
Se queres ler o capítulo I da novela inmortal de Cervantes traducida ao galego, preme aquí e nós, coma sempre, agardámoste onde o mundo se chama biblioteca.



miércoles, 8 de abril de 2015

Feliz IV Centenario Don Quijote

Andaba Miguel de Cervantes ensarillado na redacción do capítulo LIX da segunda parte da súa obra sobre o máis famoso fidalgo manchego que os séculos viron e verán (cuxa primeira parte, por certo, saíu do prelo en xaneiro de 1605) cando soubo que alguén, que asinaba coma Alonso Fernández de Avellaneda, viña de publicar un Segundo tomo del ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha. Así que, a don Miguel non lle quedou outra que alterar o seu plan e facer ir ao cabaleiro manchego namorado de Dulcinea a Barcelona, xa que o falso Quijote fora á Zaragoza. E por fin, malia todos os desenganos e traballos obtén o 30 de marzo de 2015 permiso para publicar a súa segunda parte.


Recursos e enlaces de interese:
 Créditos da segunda imaxe aquí.


martes, 7 de abril de 2015

Gabriela Mistral

Hoxe o doodle de Google lembrounos que se cumpren 126 anos do nacemento da escritora e pedagoga chilena Gabriela Mistral. Gabriela, Premio Nobel de Literatura en 1945, naceu en Vicuña e faleceu en Nova York o 10 de xaneiro de 1957. A súa poesía, marcadamente intimista, está tinguida por unha profunda tenrura cara os máis desfavorecidos e escrita cun estilo sobrio e sinxelo que progresivamente vai abandonando o modernismo que influiu os seus primeiros poemas.

Deixámosvos o seu poema "Doña Primavera", tan axeitado para estas datas de abril:
Doña Primavera

Doña Primavera
viste que es primor,
viste en limonero
y en naranjo en flor.

Lleva por sandalias
unas anchas hojas,
y por caravanas
unas fucsias rojas.

Salid a encontrarla
por esos caminos.
¡Va loca de soles
y loca de trinos!

Doña Primavera
de aliento fecundo,
se ríe de todas
las penas del mundo...

No cree al que le hable
de las vidas ruines.
¿Cómo va a toparlas
entre los jazmines?

¿Cómo va a encontralas
junto de las fuentes
de espejos dorados
y cantos ardientes?

De la tierra enferma
en las pardas grietas,
enciende rosales
de rojas piruetas.

Pone sus encajes,
prende sus verduras,
en la piedra triste
de las sepulturas...

Doña Primavera
de manos gloriosas,
haz que por la vida
derramemos rosas:

Rosas de alegría,
rosas de perdón,
rosas de cariño,
y de exultación.

Gabriela Mistral 
Enlaces e recursos de interese: