Pegadas musicais é o blogue da compañía formada polo alumnado de 5º de EP do noso centro. No blogue e na web do CPI atoparás máis información sobre o proxecto que están a desenvolver.
Parabéns por tan excelente iniciativa!
miércoles, 28 de mayo de 2014
lunes, 26 de mayo de 2014
Parabéns
Queremos darlle os parabéns a Irene por ese máis que merecido premio na 54 edición do Concurso Coca-Cola Jóvenes Talentos de Relato Corto de Galicia.
Parabéns a premiada e á súa profesora.
Parabéns a premiada e á súa profesora.
viernes, 23 de mayo de 2014
A NASA publica un "selfie" mundial
A NASA publica un "selfie" mundial, composto por 36.000 fotografías procedentes de 113 países, para conmemorar o Día da Terra. Podes ver as fotografías aquí.
jueves, 22 de mayo de 2014
Quino gaña o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades
O debuxante de Mafalda, Quino, vén de ser galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades.
Créditos da fotografía aquí.
Créditos da fotografía aquí.
miércoles, 21 de mayo de 2014
Dinosaurios
Lemos na prensa hais uns días que un grupo de paleontólogos viña de atopar en Arxentina o dinosaurio máis grande descuberto até o momento. Era herbívoro e habitou na Patagonia hai 90 ou 100 millóns de anos.
Como sabemos que os dinosaurios vos interesan a moitos, queremos deixar uns enlaces de interese e recomendarvos que vos pasedes pola biblioteca onde atoparedes tamén fondos relacionados co tema.
Dinosarios en Aragosaurus.Museo Jurásico de Asturias.
Museo de los dinosaurios. Sala de los Infantes.
Museo Nacional de Ciencias Naturales.
Sitios sobre dinosaurios en Aprender en casa.
Preguntas y respuestas sobre dinosaurios.
Walking with Dinosaurs
Novas sobre dinosaurios en RTVE.
E xa para rematar, aquí atoparás un vídeo sobre a reconstrución en tres dimensións do cerebro dun dinosaurio.
lunes, 19 de mayo de 2014
Un blogue moi interesante
Recentemente vimos de coñecer o blogue Teatro en red que nos parece moi útil e interesante para achegarnos ao teatro contemporáneo. Atoparás nel guías de lectura, unidades e experiencias didácticas, enlaces, crítica teatral...
sábado, 17 de mayo de 2014
Maio de Letras Galegas IV
Este ano decidimos elaborar, en colaboración co EDLG, unha folliña literaria para homenaxear a Díaz Castro.
jueves, 15 de mayo de 2014
Maio de Letras Galegas III: Díaz Castro
Este ano como xa sabedes o Día das Letras Galegas está dedicado ao poeta Xosé María Díaz Castro. Así que hoxe imos deixar algúns interesantes enlaces relacionados con el:
Telexornal Díaz Castro. Documental creado polo alumnado do CPI de Dices.
Esa lus. Canción dedicada a Díaz Castro interpretada polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.
A lus do mundo. Documental realizado polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro.
Esmeralda. Poema de Díaz Pardo musicado pola profesora Sandra Tenreiro do IES Poeta Díaz Castro.
Penélope. Un dos poemas máis coñecidos de Díaz Castro interpretado por Fuxan os Ventos.
Penélope interpretada polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro.
Penélope, interpretado por alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía.
Penélope (Palabras de Díaz Castro) en O Portal das Palabras.
Díaz Castro na web da RAG onde podes atopar un apartado moi interesante con ligazóns sobre o poeta de Guitiriz.
Poeta Díaz Castro. Páxina sobre o autor.
Bibliotecas escolares de Galicia.
Créditos da foto aquí.
miércoles, 14 de mayo de 2014
Maio das Letras Galegas II
Hoxe, presentámosvos unha serie de enlaces de moito interese relacionados coa poesía galega:
EnReDando versos
Rede Lectura
Orella pendella
Son de poetas. Antoloxía da poesía galega musicada
Felices e poéticas lecturas!
EnReDando versos
Rede Lectura
Orella pendella
Son de poetas. Antoloxía da poesía galega musicada
Felices e poéticas lecturas!
martes, 13 de mayo de 2014
Maio das Letras Galegas I
Iniciamos aquí unha serie de entradas nas que queremos presentarvos algúns enderezos web de interese relacionados coa lingua e a literatura galega. Empezamos co dicionario da RAG e coa excelente selección de enderezos web realizada polo CEIP Fondo Nois. Tamén podemos atopar recursos de interese na Secretaría Xeral de Política Lingüística, como ferramentas informáticas, dicionarios e léxicos, enciclopedias, o galego na familia, refráns e fraseoloxía, etc. E se o que che interesa é o léxico lémbrate de visitar o Portal das palabras.
lunes, 12 de mayo de 2014
Exposición sobre tesouros preincaicos
O pasado 28 de abril a web da BBC presentaba unhas interesantes fotografías sobre unha exposición de tesouros preincaicos no museo de National Geographic en Washington.
Se che interesa o tema, xa sabes que na biblioteca podes atopar máis información e nós, deixámosche unha recomendación relacionada co tema: El inca de Cuzco de Jorge Martínez Juárez. Un libro que che axudará a achegarte ao mundo dos incas, neste caso, dunha forma amena.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)