Centro

jueves, 28 de enero de 2016

Día da Ilustración IV: Xosé Cobas

Vén de chegar á nosa biblioteca o libro Lendo lendas, digo versos. Unha singular achega ao mundo lendario galego no que Antonio Reigosa recuperou as lendas, Antonio García Teijeiro escribiu o poema que acompaña cada unha delas e Xosé Cobas realizou as ilustracións.
Así se presenta o ilustrador no libro: 
Nacín a medio camiño entre o mar e Compostela, en 1953, en Logrosa-Negreira. Alí, no rural. A miña infancia discorreu entre camiños de terra mol, veneradas carballeiras e o agasallo inesquecible de primaveras e outonos. Daquela xa tiña unha especial querenza polos lapis (tamén os de cores) e obsesión por debuxar e inventar cousas. Nesta etapa da miña vida foi onde se asentaron os cimentos do meu imaxinario. (...)
E venero, igual que as carballeiras, a música de Leonard Cohen. Vivo preto da cidade, entre carballos que me achegan a memoria do tempo en que o meu imaxinario comezou a fornecerse.


Día da Ilutración III: Meritxell Ribas


Queremos conmemorar o Día da Ilustración cunha serie de entradas nas que lembremos a algúns ilustradores e ilustradoras. Hoxe continuamos con Meritxell Ribas, ilustradora de libros coma Pincel de zorro  de Sergio A. Sierra,  La gramática del amor de Rocío Carmona, Las aventuras de Tom Sawyer e Las aventuras de Huckleberry Finn de Mark Twain, etc...

miércoles, 27 de enero de 2016

Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto

Lembremos hoxe e sempre 
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou o 1 de novembro de 2005 designar o 27 de xaneiro coma Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. Este ano o tema escollido é: "O Holocausto e a dignidade humana".

El tema de las actividades de recordación y educación sobre el Holocausto en 2016, inclusive de la Ceremonia de Conmemoración del Holocausto, será «El Holocausto y la dignidad humana». Dicho tema establece un vínculo entre la recordación del Holocausto y los principios fundacionales de las Naciones Unidas y reafirma la fe en la dignidad y la valía de todas las personas que se destaca en la Carta de las Naciones Unidas, así como el derecho de aquellas a vivir sin discriminación y gozar de igual protección ante la ley, derecho consagrado en la Declaración Universal de Derechos Humanos.
Organización de las Naciones Unidas


martes, 26 de enero de 2016

Día da Ilustración II: Miguelanxo Prado

O outro día escribimos sobre unha versión de Pedro y el lobo moi especial e hoxe vimos de lembrar que o noso admirado Miguelanxo Prado realizou unha adaptación do popular conto musicado por Prokofiev. O álbum foi publicado, orixinariamente en galego, narrado por Miguel Anxo Murado e con música da Xove Orquestra de Galicia dirixida por Joám Trillo. 

Porén, hoxe queremos centrármonos noutra das facetas do coñecido autor de banda deseñada, na de ilustrador. As obras que ilustrou son numerosas e entre elas figuran algunhas de Agustín Fernández Paz: As flores radioactivas, Cos pés no aire, No corazón do bosque e Fantasmas de luz.



Tamén as aventuras de Said e Sheila, os populares protagonistas das novelas de Ramón Caride Perigo vexetal, Ameaza na Antártida e O futuro roubado foron debuxadas por el.  


Sen esquecer os Contos de Nadal de Manuel Rivas ou o libro de relatos Historias para calquera lugar.

E tamén o relato El cuento de la sirena do inesquecible Gonzalo Torrente Ballester. 




jueves, 21 de enero de 2016

Pedro e o lobo narrado por David Bowie



Xa pasaron uns cantos días do falecemento do cantante británico David Bowie. A súa traxectoria musical abrangueu diversas etapas e, mesmo, diversos xéneros: o Glam Rock, o soul, a música electrónica... Sempre en contínua reinvención e renovación, non en van era chamado o "camaleón do rock". 
Pero, seguramente para moitos será máis descoñecida a súa relación coa música clásica. En 1978 gravou o conto sinfónico Pedro y el lobo de Prokofiev no que narraba a historia, mentres a música corría a cargo da Orquestra de Filadelfia. Se queres saber máis sobre esta gravación e oíla atoparala no seguinte enlace:

martes, 19 de enero de 2016

Lorca e Galicia: Poeta en Galicia

Na anterior entrada aludimos ao disco Poeta en Galicia de Amancio Prada, no que se versionan os marabillosos Seis poemas galegos de Federico García Lorca. Non obstante, o libro-disco tamén é unha homenaxe a Rosalía e dalgunha forma unha especie de "diálogo a tres bandas", coma algún crítico ten suxerido: García Lorca, Rosalía e Amancio Prada. A presenza de Rosalía advírtese con claridade na versión do poema que Lorca lle dedicou e na "Salutación elegíaca" coa que se pecha o disco.

Para saber máis:

lunes, 18 de enero de 2016

Aniversario Seis poemas galegos de Lorca

O pasado 27 de decembro cumpríronse 80 anos da publicación dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca. Os Seis poemas galegos foron publicados en 1935 en Compostela pola editorial Nós que dirixía Ánxel Casal. Segundo numerosas fontes, foi o poeta ferrolán Ernesto Guerra da Cal quen lle suxeriu a Lorca a posibilidade de escribir en lingua galega. Se ben, tamén contou o escritor granadino coa colaboración de Eduardo Blanco Amor, quen prologou a primeira edición do poemario. 


Federico non só tiña numerosos amigos galegos, senón que era coñecedor da literatura nesta lingua e amosaba unha especial predileción pola obra de Rosalía. En 1933 declarou:

A mi llegada a Galicia, ellas [las «fuerzas formidables» de Compostela y el paisaje] se apoderaron de mí en forma tal que también me sentí poeta de la alta hierba, de la lluvia alta y pausada. Me sentí poeta gallego, y una imperiosa necesidad de hacer versos, su cantar me obligó a estudiar a Galicia y su dialecto o idioma, para lo maravilloso es igual.



Os poemas galegos de Lorca foron musicados e interpretados por cantantes coma Xoán Rubia e grupos coma Luar na Lubre. En 2013 Amancio Prada publicou un libro-disco, Poeta en Galicia, no que nos ofrece unha nova musicación elegante, sinxela e profunda, como é habitual nel. O libro, editado en formato despregable, conta cunhas fermosas ilustracións do poeta, gravador e ensaísta Juan Carlos Mestre, colaborador habitual do músico berciano.
 
                                            
Vídeo atopado aquí.

viernes, 15 de enero de 2016

Wikipedia de aniversario

"Vivimos en una época muy compleja, en la que el conocimiento y la comprensión son realmente importantes."
Jimmy Wales
 
Hoxe a Wikipedia, a enciclopedia virtual colaborativa, cumpre 15 anos. Na actualidade conta con máis de cincocentos millóns de usuarios mensuais e está conformada por máis de trinta e sete millóns de artigos en 280 idiomas. 
Para saber máis:


jueves, 14 de enero de 2016

Arte: fondos

A nosa biblioteca conta con fondos de arte que, como sabedes, podedes atopar a través do noso catálogo. En Canal Lector tamén atoparedes unha variedade mostra de libros para todas as idades sobre este tema. Nós, non podemos deixar de recomendar dous libros de Caroline Desnöettes publicados por Kalandraka que nos gustan moito: Descubrir a arte a través do mundo e Mirar a pintura a través dos sećulos.

E por suposto, O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro (a partir dos 14 anos) quen como sabedes estivo con nós  en marzo de 2014.


Claro está, que falando de arte e literatura non podemos esquecer a Castelao, (finado o sete de xaneiro de 1950) nin a Miguelanxo Prado e a súa marabillosa película De profundis, fusión de pintura e música que de seguro compracería moito ao propio Castelao. O álbum, baseado nesta, foi publicado con posterioridade e podédelo atopar, igual que a película, na nosa biblioteca.

miércoles, 13 de enero de 2016

Miguel González Garcés: " A memoria do azul"

Tomamos prestado unha fermosa imaxe dun poema de Miguel González Garcés para titular a nosa lembranza do poeta e escritor coruñes que podedes atopar  aquí.


martes, 12 de enero de 2016

Lembrando a Miguel González Garcés no seu centenario

Hoxe cúmprense cen anos do nacemento na Coruña do escritor e bibliotecario Miguel González Garcés, cuxo nome por certo leva a Biblioteca Pública da súa cidade.
En Un home só na néboa (1989) o poeta coruñes evoca nalgúns dos seus poemas cadros famosos. Escollemos para hoxe o titulado "Ninfeas de Monet":

RELANZO
do río nos nenúfares.

A relva, a barca leve, a flor de auga.

Glicinias, rododendros,
a xaponesa ponte de madeira.

Os matices das horas entre nubes que pasan.

A sombra tremelante verdiazul.

O grito adormecido dun bermello
entre as follas vizosas.

A fuxitiva música da luz.

Miguel González Garcés

"As ninfeas" (en francés Les nymphéas) son un conxunto de pinturas realizadas en óleo polo pintor impresionista francés Claude Monet




Para saber máis:
E nós xa nos despedimos por hoxe cun vídeo (atopado aquí) sobre a mirada impresionista. Neste as imaxes acompáñanse da música da Gymnopédie número 1 do xenial compositor francés Erik Satie.

lunes, 11 de enero de 2016

Día do Usuario das Bibliotecas

 “No es solo una biblioteca. Es una nave espacial que te llevará a los puntos más lejanos del universo, una máquina del tiempo que te llevará al pasado lejano y al lejano futuro, un maestro que sabe más que ningún ser humano, un amigo que te divertirá y te consolará y sobre todo una salida a una vida mejor, más feliz y más útil”
Isaac Asimov
Hoxe celébrase o Día do Usuario/a das Bibliotecas e nós querémonos unir a esta conmemoración cunha serie de enlaces de interese. 
E xa para rematar, deixámosvos o vídeo de presentación de GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas galegas.

viernes, 8 de enero de 2016

Criaturas, número 2

Este Nadal publicouse o número 2 de Criaturas, revista especializada en literatura infantil e xuvenil. Preme aquí se queres acceder a ela.