Centro

lunes, 30 de abril de 2018

Agasalla unha suxestión


O pasado mércores 25 de abril celebramos o Día do Libro convidando ao alumnado de secundaria a regalar unha suxestión dun libro a unha compañeirao ou compañeiro cuxo nome elexían ao chou nunha bulsa. Na nosa web atoparás máis fotografías sobre esta actividade.

viernes, 27 de abril de 2018

Maio das Letras Galegas: María Victoria Moreno

En resumo, a de María Victoria foi unha vida dedicada aos libros, e a compartir co seu alumando, a súa máis grande paixón, a vida que burbulla neles.

 María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito

Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre achégannos á vida e obra de María Victoria Moreno, a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, nesta breve biografía titulada:  María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito.


jueves, 26 de abril de 2018

Visita de Andrea Maceiras


O martes 10 de abril estivo con nós Andrea Maceiras para falarlle ao alumnado de 3º de ESO da súa novela Nubes de evolución. Coma sempre Andrea agasallounos coa súa simpatía e talento. E deixounos moitas ganas de poder ler a súa próxima novela.


miércoles, 25 de abril de 2018

martes, 24 de abril de 2018

Miguel En Cervantes. El retablo de las Maravillas

Miguelanxo Prado e David Rubín, dous grandes autores galegos de banda deseñada, esculcan neste libro (que naceu coma catálogo para a exposición homónima celebrada en 2016) a vida e a obra de Cervantes: Prado ilustra a biografía e Rubín adapta ao cómic o entremés El retablo de las maravillas.


Unha marabilla de retablo de las maravillas!

lunes, 23 de abril de 2018

Día Mundial do Libro


Creo na literatura porque me reconcilia co mundo.

Fran Alonso.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de editar, coma ao longo destes últimos anos, un díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2018. Este ano o autor elixido para escribir o texto é Fran Alonso.

Feliz Día do Libro!

Actividades para esta data das bibliotecas:

martes, 17 de abril de 2018

Literatura infantil e xuvenil de España: selección da OEPLI

A OEPLI, sección en España do IBBY, vén de publicar unha selección dos mellores libros publicados en castelán e nas diferentes linguas oficiais no pasado ano 2017. Esta selección abrangue unha ampla franxa de idade: dende os nenos e nenas prelectores até o lectorado xuvenil.


Preme aquí se desexas coñecer esta selección.

lunes, 16 de abril de 2018

Parabéns ao equipo de voleibol

Hoxe pola mañá o noso alumnado estaba moi contento co ascenso do equipo de voleibol Aldebarán-Intasa que o vindeiro ano xogará na máxima categoría. Pois ben, dende aquí só nos queda desexarlles moitos parabéns aos integrantes do equipo e a súa afección entre os que descubrimos moitos rostros coñecidos.

Parabéns!

Para saber máis:

jueves, 12 de abril de 2018

martes, 10 de abril de 2018

Libros que van chegando: A arte de trobar

A arte de trobar de Santiago Lopo é a novela que gañou o Premio Xerais do pasado ano. A obra do escritor vigueś transpórtanos ao século XIII a través da combinación do suspense cunha coidada ambientación histórica que nos aproxima ao mundo do catarismo e da literatura medieval provenzal e galaico-portuguesa. Esta novela, entretida e ben documentada, agradará aos que gustan da novela histórica, da literatura medieval e dos relatos de intriga.


lunes, 9 de abril de 2018

Libros que van chegando: Una lengua muy muy larga

Una lengua muy muy larga. Más de cien historias curiosas sobre el español de Lola Pons Rodríguez é unha divertida e rigorosa forma de achegarse á historia da lingua española. Sirva coma exemplo este anaquiño do capítulo titulado "24 horas en la vida de un imperfecto":

Como cada mañana, el imperfecto se despierta pensando en que es incapaz de hacer nada solo. Sale de la cama y dice: Mientras dormías, soñaste cosas. Su pareja contesta: Me gusta como das el transfondo para que sueñe. El imperfecto de indicativo lo tiene asumido: es capaz de pintar un escenario (estaba oscuro), de hablar del tiempo (llovía), pero no puede expresar lo que alguien hizo cuando esas cosas pasaban. Para eso el pretérito perfecto es fulminante, rapidísimo, tajante como la perfección. Soñaba, creía y vivía son, cosas de la vida, acciones imperfectas.
  Lola Pons Rodríguez, Una lengua muy larga


Una combinación brillante de erudición y frescura.

viernes, 6 de abril de 2018

Libros que van chegando: Un largo viaje

Un largo viaje. Historia del mundo y sus habitantes en 12 etapas é unha historia da humanidade narrrada dende unha visión demográfica por Massimo Livi Bacci quen, por certo, lle dedica o libro aos seus netos.


lunes, 2 de abril de 2018

Día Internacional do Libro Infantil

Un libro infantil representa o respecto pola grandeza do máis pequeno.
Inese Zandere
O 2 de abril, data do nacemento de Hans Christian Andersen, o Ibby (International Board on Books for Young People) chama a conmemorar  o Día Internacional do Libro Infantil. Este ano é Letonia o país encargado de elaborar o cartel e o díptico para a conmemoración. A autora do texto é Inese Zandere e o deseñador do cartel o ilustrador Reinis Petersons.